AD

Actualidad

O PP de Santiago denuncia o «reiterado desvío de fondos municipais» por parte do Goberno

today28 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Rubio subliñou que “só hai dúas opcións para renunciar a estas partidas e ningunha das dúas son boas; ou existe descoñecemento das graves deficiencias existentes en educación e Centros Socio Culturais na nosa cidade; ou se sabe e non se considera importante”.
  • A falta de información adecuada e detallada sobre a asignación destes recursos é alarmante e expón serias preocupacións sobre a xestión transparente dos recursos públicos por parte do Goberno bipartito.

O concelleiro popular, Borja Rubio, denunciou hoxe, en rolda de prensa, o reiterado desvío de fondos municipais entre departamentos, «sen explicacións e de forma sorpresiva». Nesta ocasión, estasmos a falar do desvío dunha partida crucial para educación e Centros Socio Culturais, cara actividades lúdicas, “unha situación inaceptable e que demanda unha explicación clara e urxente, xa que isto remarca a falta de priorización de necesidades esenciais da cidade”.

Rubio subliñou que “só hai dúas opcións para renunciar a estas partidas e ningunha das dúas son boas; ou existe descoñecemento das graves deficiencias existentes; ou se saben e non se consideran importantes, algo que choca de fronte coa nosa forma de mellorar e crear cidade”.

“É importante recalcar que no Pleno municipal, o Partido Popular votou en contra dunha transferencia similar pola falta de claridade e transparencia por parte do Goberno nacionalista, xa que nada explicaban sobre o uso específico dos devanditos fondos”, incidiu.

Borja Rubio explicou que, “o Goberno con menor apoio da historia de Compostela realiza este tipo de accións sen ningún tipo de detalle, facendo gala da súa nula capacidade para acadar acordos a través do diálogo, situación que, como dicía, nos levou a votar en contra, nun acto de defensa da transparencia e responsabilidade na xestión de recursos públicos”.

A falta de información adecuada e detallada sobre a asignación destes recursos é alarmante e expón serias preocupacións sobre a xestión transparente dos recursos públicos por parte do Goberno bipartito.

Por todo isto, Borja Rubio incidiu en que o PP de Santiago esixe unha explicación completa e clara sobre o destino destes fondos e o seu impacto en áreas sensibles para a cidadanía e destacou que “a falta de consulta e consenso en decisións tan importantes son o mellor exemplo da forma de gobernar e facer política do Goberno nacionalista en minoría”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%