Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
“Os veciños se preguntan como cre o Concello que poderán facer as limpezas das fincas, tal como xa lles están esixindo, se non teñen por onde entrar ás mesmas”, subliñou o popular.
De la Fuente recalca que “esta situación ven a confirmar a ineptitude na xestión e as actitudes intransixentes e pouco dialogantes do BNG”.
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, visitou a rúa da Ponte do Romaño co fin de atender as queixas que a veciñanza lle tiña trasladado e puido comprobar que a instalación, por parte do Concello, dunhas vallas na beirarrúa “tapian” o acceso dos propietarios ás súas fincas.
De la Fuente explicou que, sen previo aviso e dun día para outro, operarios municipais colocaron un valado diante das súas propiedades o que fai imposible poder entrar a elas.
“Os terreos afectados non teñen máis acceso que pola beirarrúa, polo que os veciños se preguntan como cre o Concello que poderán facer as limpezas das mesmas, tal como xa lles están esixindo”, subliñou o popular.
José Ramón de la Fuente indicou que “non parece moi axeitado tapiarlle as súas propiedades sen tan sequera poñerse en contacto con eles. É entendible que se poña algunha medida de seguridade para os peóns que transitan pola beirarrúa, pero o que non é lóxico que as fincas queden sen acceso”.
“Esta situación, recalca De la Fuente, confirma a ineptitude na xestión e as actitudes intransixentes e pouco dialogantes do BNG”. O popular empraza aos nacionalistas a dialogar cos veciños e acordar con eles unha solución que aborde os problemas de seguridade, pero sen impedirlles acceder ás súas propiedades.
Así mesmo, o concelleiro popular destacou que “o barrio ten tamén, outras necesidades que non son atendidas polo BNG, como o grave estado e incluso carencia de beirarrúas, o que converte o tránsito polo barrio nunha auténtica e perigosa aventura; a falta de poda e mantemento das árbores e zonas verdes da contorna; ou os xa endémicos problemas co saneamento.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)