Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 abril, 2025
• “Cando teñen pasado case dous anos, subliñou Nerea Barcia- os obstáculos seguen a ser os mesmos, pero o tempo de pago alóngase, cada vez máis, polo que as comisións prefiren non contar coas subvencións ás que poderían acceder, ante a falta de compromiso co abono das mesmas por parte do goberno local”.
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, vén de denunciar que as festas populares non están a cobrar as axudas do Concello, polo que reitera que se proceda ao pago das mesmas, que nalgúns casos, hai retrasos de case dous anos; e que se elabore un novo formato de peticións de subvencións, é dicir, unha fórmula que simplifique o proceso burocrático que teñen que levar a cabo as comisións de festas.
“Cando teñen pasado case dous anos, subliñou Barcia- os obstáculos seguen a ser os mesmos, pero o tempo de pago alóngase e empeora, cada vez máis, polo que as comisións prefiren non contar coas subvencións ás que poderían acceder, ante a falta de compromiso co abono das mesmas por parte do goberno local”.
A realidade, remarcou a edil popular, é que “nin simplificaron os trámites, nin se toman en serio as pequenas axudas que ofrece este goberno municipal, sobre todo, se as comparamos con outras de concellos limítrofes, que son dun importe moito máis elevado, e, a maiores, facilítanlles elementos ou espazos idóneos para as celebracións”.
Nerea Barcia indicou que “parece que o goberno local só axuda aos seus nas súas festas e que o que pretende é rematar coas festas patronais, coas de toda a vida”, polo que se pregunta: “Onde vai a orquestra no Paseo da Alameda ou o martes de Entroido?”.
“Grazas ás comisións de festas e ao seu gran esforzo, xa que sen eles as celebracións non serían posibles, polo que -engadiu- agardamos que o Concello deixe de poñer trabas ás comisións de festas; e facilite os trámites burocráticos, co fin de que non teñan que esperando ata o mesmo día da celebración para coñecer se se pode levar a cabo a festa ou non”.
Para a edil popular, todo isto resulta difícil de crer, pero -como ela subliña- isto só pasa en Santiago de Compostela”, polo que tamén se cuestiona se no Concello “non teñen asesores competentes ou suficientes para poder tomar as rendas neste asunto?”.
“A poucos días das festas da Ascensión, -dixo- agardamos un bo cartel para todos os públicos e que os feirantes volvan a ter ganas de participar nos festexos máis compostelás de todos, xa que eles tamén sofren as trabas deste goberno local, que os fai padecer unhas condicións pésimas, xa que na súa ubicación carecen de auga e a iluminación adecuada para as súas caravanas”
Finalmente, Nerea Barcia subliña que, “dende a Concellería de Festas seguen sen presentar as axudas, mentres que as comisións xa levan arreo traballando, pero é claro que a este goberno nacionalista esta cuestión non lle interesa, polo que a estas alturas do ano, cando vai empezar a temporada forte das celebracións, seguimos sen saber se se van simplificar os trámites burocráticos e se se vai dotar material para poder prestar cando se leven a cabo festas”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)