AD

Actualidad

O PP de Santiago denuncia que este ano o BNG só destina 266.666 € no mantemento de centros educativos

today20 junio, 2024

Fondo
share close
AD
  • Borja Rubio indicou que «os nacionalistas demostran, outra vez, a súa total incompetencia e desprezo pola educación pública. A cantidade asignada é unha burla á comunidade educativa, xa que os nosos centros están nun estado deplorable e esta asignación só servirá para tapar algúns buratos”.
  • Lembrou que, en 2020, o BNG, que hoxe goberna con menos apoio que nunca na historia da democracia compostelá, pediu en Pleno un orzamento de 800.000 € para o mantemento destes centros, pero, «agora, cando teñen a responsabilidade, non cumpren co investimento necesario prometido”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Borja Rubio, arremeteu hoxe con dureza contra o BNG pola “paupérrima asignación de 266.666,67 euros ao mantemento dos centros educativos municipais en 2024”, calificando a cifra de «ridícula» e «vergonzosa».

«Os nacionalistas demostran, unha vez máis, a súa total incompetencia e desprezo pola educación pública. Esta cantidade é unha burla aos estudantes, ás súas familias e a toda a comunidade educativa, posto que os nosos centros atópanse nun estado deplorable e esta asignación apenas servirá para tapar algúns buratos, cando o que precisamos son solucións reais e contundentes», afirmou Rubio.

Rubio detallou as graves deficiencias que presentan moitas das instalacións educativas da cidade, como os baños do patio do CEIP López Ferreiro; a falta de accesibilidade; o deterioro dos patios; e outros desperfectos, «unhas condicións que son unha mostra clara do abandono e o desleixo do BNG pola calidade educativa e polo benestar dos nosos nenos e nenas», subliñou.

Lembrou que, en 2020, o mesmo partido que hoxe goberna con menos apoio que nunca na historia da democracia compostelá, solicitou en Pleno un orzamento de 800.000 € para o mantemento dos centros escolares, pero, «agora, cando teñen a responsabilidade, non cumpren co investimento necesario prometido, o que supón unha hipocrisía intolerable e unha falta de respecto escandalosa», engadiu.

“Esiximos, remarcou Rubio, aos nacionalistas unha reconsideración inmediata destas miserentas asignacións orzamentarias e a adopción de medidas urxentes, co fin de abordar as necesidades críticas de mantemento e reforma nos centros educativos da cidade”.

Finalmente, Borja Rubio subliñou que «non imos permitir que os nosos fillos e fillas sigan padecendo as consecuencias da nefasta xestión dun BNG o ineficaz e despreocupado”.

“É imperativo que se destinen os recursos adecuados para garantir centros educativos dignos e seguros, só así poderemos asegurar unha educación de calidade para todos os estudantes de Santiago de Compostela», concluíu Borja Rubio.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%