AD

Actualidad

O PP de Santiago denuncia que o BNG «triplique» os prezos do programa de conciliación do verán

today12 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

“Os nacionalistas, lonxe de anunciar novidades e melloras neste programa, sorprenden á veciñanza compostelá, sobre todo, aos usuarios deste servizo cun aumento significativo no custo que as familias terán que asumir en comparación co programa do verán anterior”, incidiu Borja Rubio.

Para Rubio, «este programa non está á altura da capital de Galicia e non cumpre, unha vez máis, co anunciado en anteriores ocasións polo BNG, posto que suben prezos; non amplían instalacións; e non melloran oferta».

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Borja Rubio, vén denunciar a elevada suba de prezos no  programa de conciliación de verán, xa que o BNG triplicou os prezos respecto da anterior edición de 2023.

“Os nacionalistas, lonxe de anunciar novidades e melloras neste programa, sorprenden á veciñanza compostelá, sobre todo, aos usuarios deste servizo, cun aumento significativo no custo que as familias terán que asumir en comparación co programa do verán anterior”, incidiu o popular.

Borja Rubio expresou a súa preocupación, xa que «asistimos, unha convocatoria máis, á nula capacidade do BNG de cumprir o prometido en campaña electoral, volven a programar un servizo sen cambios significativos salvo no que se refire ao prezo para os veciños».

Remarcou que, “cabe lembrar que no anterior mandato, os nacionalistas reclamaron ao Goberno, en repetidas ocasións, a realización das actividades en máis centros e prezos máis baixos, pero, todo indica, ao BNG pódelle máis o seu afán recadatorio”.

“Xa no pasado programa de conciliación de nadal triplicaron as tarifas e, neste caso, fan o mesmo co que ten que pagar cada persoa usuaria respecto ao 2023, é dicir, unha familia con dous persoas usuarias abona agora por medio mes de xullo 180 €, cando o pasado ano eran 68 euros».

Para Borja Rubio, «este programa non está á altura do Concello da capital de Galicia e non cumpre, unha vez máis, co anunciado en anteriores ocasións polo BNG, posto que agora triplican prezos para as familias, non amplían instalacións; e non melloran oferta».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%