AD

Actualidad

O PP de Santiago esixe a recuperación da liña de autobús ata as Casas Novas

today28 agosto, 2024

Fondo
share close
AD
  • Os concelleiros, Adrián Villa e María Baleato, reuníronse con máis de 30 veciños e veciñas afectados, por unha decisión dos nacionalistas que chegou “sen previo aviso”
  • Villa definiu ao BNG de “tirano”, ao estar a modificar diferentes servizos, en pleno verán, “sen ningún tipo de diálogo coa veciñanza e sen sentido aparente”

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa e María Baleato, achegáronse ao barrio de Casas Novas, para reunirse con máis de 30 veciños e veciñas afectados pola retirada da súa liña de autobús urbano.

Foi en pleno verán cando, de forma autoritaria, o BNG decidiu facer unha modificación no percorrido da liña 9, que realizaba a ruta Cidade da Cultura-Praza de Galicia-Casas Novas, deixando, así, a este barrio sen servizo.

Pola contra, “a liña 4 mudou o seu percorrido para chegar ás Casas Novas, pero a realidade é que isto non está a suceder, posto que se fixo de forma “informal, sen previo aviso e sen constancia na información que ten TRALUSA”, indicaba María Baleato.

Adrián Villa tachou aos nacionalistas de “tiranos”´, por estar tomando decisións, en pleno verán, sen ningún tipo de diálogo coa veciñanza, parece dixo que “os que alardean e sacan peito de transparencia e diálogo, resultan ser os máis escuros”.

A veciñanza que, desde o comezo do verán está sen servizo de transporte público, trasladou así a súa preocupación, “xa que estamos a piques de entrar no mes de setembro e a cativada e os máis maiores, non poderán contar coa súa liña de bus ata o barrio”, remarcou o edil popular.

Esta situación comeza cando se pecha o Pombal polas obras, pero isto “non exime aos nacionalistas da súa obriga de buscar as mellores alternativas para o transporte público”, destacou.

“É certo que a solución dada foi que a liña 4 subise ata as Casas Novas desde as Galeras, pero non está a garantirse, ben por descoñecemento dos condutores ou ben porque van mal de horario, posto que non é algo oficial e non aparece reflexado nos horarios, nin itinerarios de TRALUSA, o que asemella ser unha nova improvisación e unha forma moi opaca de eliminar unha liña de autobús público”, indicou Adrián Villa.

Os populares, ante semellante despropósito por parte dos nacionalistas, solicitarán formalmente a recuperación da liña 9 e afean ao BNG este “desleixo e falta de respecto” aos veciños e veciñas deste barrio da capital de Galicia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%