AD

Actualidad

O PP de Santiago esixe ao BNG que limpe a finca municipal que hai xunto ao IES Lamas de Abade

today11 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Olaya Otero remarcou que “a situación empeora polo desleixo dos nacionalistas, que non están atendendo ás solicitudes feitas, desde hai tempo, polo instituto e a veciñanza, co fin de que se leven a cabo as actuacións de limpeza e mantemento”.
  • Resaltou que “existen árbores a menos de 50 metros do edificio, cuxas copas están a menos de 10 m. de altura, distancia mínima establecida pola normativa, o que é un grave risco para a comunidade educativa, posto que se pode producir algún incendio ou accidente, sobre todo, cando hai condicións climatolóxicas adversas”.

O Partido Popular de Santiago recámalle ao BNG que proceda a limpar a finca propiedade do Concello, situada na contorna do IES Lamas de Abade, que se atopa nunha situación deplorable e supón un perigo para os membros da comunidade educativa e para todos os peóns e vehículos que por aí transitan.

A concelleira popular, Olaya Otero, remarcou que, “isto vese empeorado polo desleixo dos nacionalistas, que non están atendendo ás diferentes solicitudes realizadas, desde hai tempo, desde o instituto e pola veciñanza, para que se realicen en dita finca as tan necesarias actuacións de limpeza e mantemento”.

“Na mencionada parcela de propiedade municipal existe unha evidente falta de acondicionamento, o que significa o incumprimento da normativa vixente sobre prevención de incendios e xestión de biomasa vexetal” subliñou.

A popular resaltou que “existen, incluso, árbores situados a menos de 50 metros do edificio escolar, cuxas copas, están a menos de 10 m. de altura, distancia mínima establecida pola normativa, o que supón un grave risco para a comunidade educativa deste centro, posto que a situación pode provocar que se produza algún incendio ou accidente, moi especialmente, cando se presentan condicións climatolóxicas adversas”.

“Neste momento, hai unha crecente inquedanza sobre a máis que posible caída de polas ou mesmo árbores sobre os edificios, vehículos estacionados no aparcamento ou, incluso, sobre algunha persoa que se atope nas instalacións educativas ou na súa contorna”, remarcou.

Olaya Otero destacou que “resulta fundamental que o BNG asuma as súas responsabilidades e dea exemplo levando a cabo as tarefas de adecuación da finca, antes de que algún dos riscos sinalados se materialice nun accidente, tendo en conta tamén que se fose algún veciño o que non cumprise coa ordenanza de limpeza, sería sancionado”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%