AD

Actualidad

O PP de Santiago esixe ao goberno local unha solución definitiva para o ascensor de Triacastela

today20 agosto, 2025

Fondo
share close
AD

 

  • Adrián Villa explicou que, “logo do erro no mes de abril, que tardaron en arranxar máis de 15 días; o pasado 8 de xullo volveu a pecharse ao público e, agora, un mes despois, volvemos a estar ante unha nova “indisposición” do elevador, deixando, outra vez, á veciñanza sen un servizo básico para eles”.
  • Para o concelleiro popular, “estamos ante un exemplo máis de que o goberno do BNG está totalmente incapacitado para gobernar Santiago, posto que se amosa incapaz ata de manter funcionando un ascensor máis dun mes seguido”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, demandoulle ao goberno do BNG unha solución definitiva para o ascensor de Triacastela que está a sufrir continuas avarías, co grave inconvinte que isto supón para a veciñanza, sobre todo, a de maior idade ou a de mobilidade reducida.

Villa subliñou que “a ineptitude do goberno nacionalista, que non é quen de manter funcionando un elevador, é cada vez máis desesperante”. “No pasado mes de abril, -dixo- houbo un erro, que se demoraron máis de 15 días en arranxar e, lonxe de tomar unha solución definitiva para non deixar sen servizo aos veciños e veciñas, fixeron un apaño provisional, que provocou que, novamente, en xullo, volvese a deixar de facer a súa función, agora, cando ten pasado só un mes, volve a estar inutilizado”.

O elevador, instalado no ano 2019 a petición da veciñanza, chegou para librar un gran desnivel entre os Concheiros e Avenida de Lugo, facilitando así a mobilidade de persoas maiores, en cadeiras de rodas ou carriños de bebés.

“É unha vergoña que volvamos a estar ante unha nova “indisposición” do elevador, algo que se repite cada mes -explicou o edil popular-, sobre todo, despois de que, no ano 2023, era o propio goberno nacionalista, estando na oposición, o que denunciaban a falta de mantemento desta instalación, agora que levan case dous anos gobernando, parece que se esqueceron desta reclamación e non fan nada por evitar que isto siga ocorrendo”.

Finalmente, Adrián Villa remarcou que, “tras recibir numerosas chamadas por parte da veciñanza da zona, indignados pola repetición das avarías, esiximos que o goberno do BNG pida desculpas públicas e poña en marcha un plan de mantemento para evitar que se repita esta situación”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *