AD

Actualidad

O PP de Santiago esíxelle ao BNG que condene os actos vandálicos perpetrados na sede local

today30 junio, 2025

Fondo
share close
AD

• De la Fuente insistiu en que “as imaxes son claras, non deixan lugar a dúbidas, posto que permiten visualizar como se concentran varias persoas, que portan bandeiras e material coa imaxe do BNG e da CIG, como arrancan a cartelería na porta e na situación que deixan a entrada a nosa sede”.

• Villa sinalou que que “a alcaldesa perdeu unha magnífica oportunidade de exercer como representante de todos e de condenar os actos violentos que sufriu o Partido Popular, pero non quixo facelo”.

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente e Adrián Villa, veñen de denunciar, en rolda de prensa, o ataque violento que se perpetrou na sede local desta formación e esixíronlle ao BNG que condene, de xeito claro, este actos.

José Ramón de la Fuente explicou que, “o pasado mércores 25, a sede do Partido Popular de Santiago foi obxecto de actos de vandalismo por un grupo de persoas, que se dedicaron a arrancar os carteis con información política propiedade do PP que estaban alí expostos, así mesmo, deixaron a reixa e a entrada invadida de carteis, pegatinas e mensaxes propias”.

Pola súa banda, Adrián Villa remarcou que “a pesar das imaxes e vídeos que puidemos ver todos, o goberno do BNG non condenou este ‘escrache´ á nosa sede e, o que é máis preocupante, non o condenou ante o Pleno municipal, polo que a alcaldesa perdeu unha magnífica oportunidade de exercer como representante de todos e de condenar os actos violentos que sufriu o Partido Popular, pero non quixo facelo”.

De la Fuente tamén insistiu en que “as imaxes son claras, non deixan lugar a dúbidas, posto que permiten visualizar como se concentran varias persoas, que portan bandeiras e material coa imaxe do BNG e da CIG, como arrancan a cartelería na porta e na situación que deixan a entrada a nosa sede”.

“Esiximos ao BNG -reiterou Villa- que indague se as persoas que se concentraron diante da sede do PP pertencen ao seu partido e, neste caso, as identifique e o poña en coñecemento da Policía Nacional, así mesmo, se esas persoas son militantes do BNG, reclamámoslle que as expulse da súa organización”.

Para o popular, “tratouse dun claro intento de intimidación política e estas accións supoñen unha evidente vulneración da convivencia democrática, se pretendían amedrentarnos, se equivocan, xa que feitos coma este non fai máis que reafirmar o noso compromiso coa defensa dos valores democráticos e co respecto do pluralismo político, ademais fortalecen a nosa vontade de seguir traballando pola veciñanza e a cidade de Santiago”.

Na súa intervención, De la Fuente subliñou que “non se tratou dunha concentración pacífica, xa que arrancaron carteis con información política propiedade do Partido Popular, que estaban expostos na entrada da sede. Neste momento, -engadiu- contamos con vídeos e fotografías que confirman estes feitos e que permiten comprobar que persoas vandalizaron a sede do PP”.

O edil popular tamén insistiu en que “as imaxes son claras, non deixan lugar a dúbidas, posto que permiten visualizar como se concentran varias persoas, que portan bandeiras e material coa imaxe do BNG e da CIG, como arrancan a cartelería na porta e na situación que deixan a entrada a nosa sede”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *