Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 junio, 2025
• O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, lamenta o pouco interese do goberno local en escoitar e ter en conta as necesidades do deporte base da cidade.
• “A realidade é ben distinta -explicou De la Fuente- xa que todos podemos ver como os vestiarios do campo de fútbol de Conxo xa se caían a cachos daquela; o céspede do campo de fútbol de Belvís xa estaba cheo de fochancas; o campo de fútbol de Figueiras estaba nun estado lamentable; o campo de fútbol ‘Suso Conde’ de Villestro segue á espera dun cambio de céspede e doutras melloras que non poden adiarse máis”.
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, esixiu esta mañá, de novo, a constitución do Consello Municipal de Deportes. “Neste mandato, aínda non foi convocado, a pesar de que os nacionalistas xa celebraron varias reunións do resto de Consellos Municipais de participación que hai no municipio”. O edil popular afeoulles que se puxesen de perfil no Pleno do pasado mes de abril, “resulta lamentable a actuación deste goberno que non apoiou o nosa proposta de convocar o Consello de deportes, non sei por que teñen tanto medo a reunirse con todas as entidades á vez”.
De la Fuente criticou que “houbera xa cinco xuntanzas do Consello Municipal de Saúde, a pesar de ser unha materia sobre a que o Concello non ten competencias propias pero, sen embargo, non reunira aínda, nin unha soa vez, o de Deportes, aínda que nisto si ten competencias que exercer e, a maiores, está a complicada situación que está a pasar pola falta de instalacións e de mantemento, o que está provocando, incluso, a suspensión de competicións, entre outras cuestións”.
“Detrás deste desleixo -explica o edil popular- está a falla de proxecto do BNG para o Deporte de Santiago, que se deduce claramente do seu programa electoral, cheo de xeneralidades, amosando que non ten solucións que aportar, nin un plan de investimentos para paliar as carencias de instalacións e infraestruturas deportivas”.
O concelleiro popular remarcou que “isto xa se veu desde o principio do mandato, cando, en outono do 2023, o goberno local desviou 100.000 euros dos orzamentos reservados para mantemento de instalacións deportivas, para dedicalos a publicidade e propaganda porque, segundo o goberno municipal, as necesidades estaban atendidas”.
“A realidade é ben distinta -explicou De la Fuente- xa que todos podemos ver como os vestiarios do campo de fútbol de Conxo xa se caían a cachos daquela; o céspede do campo de fútbol de Belvís xa estaba cheo de fochancas; o campo de fútbol de Figueiras estaba nun estado lamentable; o campo de fútbol ‘Suso Conde’ de Villestro segue á espera dun cambio de céspede e doutras melloras que non poden adiarse máis, a pesar de telo prometido e mesmo orzamentado; ou o pavillón de Lamas de Abade, con pingueiras e humidades, que provocaban suspensións de competicións oficiais, pero dous anos máis tarde todo segue exactamente igual”.
Segundo De la Fuente, “urxe convocar o Consello e darlle voz e participación a clubs, entidades e deportistas composteláns, para que poidan canalizar, a través dese instrumento de participación, as súas necesidades e visión sobre a xestión do deporte en Compostela”. “O goberno municipal -dixo- ten a obriga de facelo para que todos coñezan o que pensan facer os nacionalistas en materia deportiva, para que poidan participar na deliberación dos asuntos que lles afectan, e para que aporten o seu coñecemento e experiencia, ninguén mellor ca eles saben que necesitan e como se poden satisfacer as súas necesidades”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)