Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 febrero, 2025
• “Estamos ante un claro exemplo de desleixo ante os problemas máis sinxelos da cidade, xa que hai uns meses, esta mesma concelleira poñía de manifesto o mal estado deste espazo, pero pasou o tempo e, lonxe de estar arranxado, a súa situación é aínda peor”, reiterou Yolanda Otero.
• Destacou que “dende o Partido Popular seguiremos reivindicando que as vías e os espazos públicos municipais deben mudar o abandono pola decencia e dignidade e seguiremos traballando por un Santiago amable, polo benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas da nosa cidade”.
A concelleira do Partido Popular, Yolanda Otero, insistiu hoxe en denunciar a necesidade de arranxar a parcela que presta o servizo de aparcadoiro en Salgueiriños, nas inmediacións da Casa das Asociacións de Benestar (Cabes), ante o seu evidente estado de abandono.
“Estamos ante un claro exemplo de desleixo e indiferencia ante os problemas máis sinxelos da cidade, xa que hai uns meses, esta mesma concelleira poñía de manifesto o mal estado deste espazo, pero pasou o tempo e, lonxe de estar arranxado, a súa situación é aínda peor”, reiterou a edil popular.
“A situación actual do firme deste espazo público -remarcou- demanda unha intervención municipal inmediata, xa que non podemos esquecer que na zona hai vivendas, ademais dos servizos municipais da Casa das Asociacións de Benestar Social e a UMAD, o que supón un uso diario recorrente deste espazo”.
Otero insiste en que “o desnivel no acceso á parcela representa un risco para os transeúntes e para os vehículos, ademais, as fochancas existentes no firme convértense en pozas de auga nos días de choiva, co conseguinte perigo para a integridade física dos peóns, como é obvio, demandan un firme en bo estado, co fin de evitar caídas ou deterioro nos seus vehículos”.
“Estamos ante unha mostra máis da deficiente xestión dos nacionalistas, que non só afecta á conservación e mantemento dos viarios e espazos públicos, senón tamén a outros ámbitos municipais, como a limpeza ou a seguridade, entre outros, o mesmo que o problema do alumeado na cidade, que é, en realidade, falta de alumeado”, subliñou.
Otero destacou que “a actitude pasiva e desidia do BNG tradúcese no deterioro progresivo da cidade, polo que, dende o Partido Popular seguiremos reivindicando que as vías e os espazos públicos municipais deben mudar o abandono pola decencia e dignidade e seguiremos traballando por un Santiago amable, polo benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas da nosa cidade”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)