Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 enero, 2025
• María Baleato denuncia que os nacionalistas “non teñen obxectivos, nin unha liña de actuación coherente, nin estratéxica turística”.
• “Continuamos na mesma dinámica que xa denunciabamos no mes de abril do ano 2024, a eliminación de prazas na oferta de voos e reducións nas conexións por avión, polo que deben de poñerse a traballar e deixar de buscar culpables”, engadiu.
A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, lamentou este venres que o BNG sexa “incapaz de manter as conexións aeroportuarias internacionais que existían cando chegaron ao goberno”.
A popular remarcou que, “non teñen obxectivos, nin unha liña de actuación coherente, nin estratexia turística”, e no caso de que realmente, a teñan deberían proceder a reformulala, xa que, claramente, non está a funcionar”.
“O anuncio de voos de onte é claramente insuficiente para a capital de Galicia”, agregou a edil popular, que tamén manifestou que é unha mágoa que as políticas dos nacionalistas en todos os eidos sempre empecen a camiñar despois das advertencias ou queixas da veciñanza.
Baleato remarcou que “continuamos na mesma dinámica que xa denunciabamos no mes de abril do ano 2024, a eliminación de prazas na oferta de voos e reducións nas conexións por avión, polo que deben de poñerse a traballar e deixar de buscar culpables”, porque “desde que están no goberno local, nada se fixo para mellorar esta situación e seguen a buscar culpables fóra”.
A concelleira popular explica que “o Plan Estratéxico 2017-2022 está vencido e seguimos esperando polo novo, no que deberiamos poder comprobar as liñas de actuacións prioritarias pero ese plan non está nin se lle espera e como parece que vai tardar en chegar, mentres tanto, o BNG só está centrado en pretende buscar culpables fóra”.
“Os nacionalistas falan de fracaso e así é como podemos cualificar a súa política turística -subliñou-, xa que non teñen obxectivos, nin unha liña de actuación coherente, pasando do Santiago fráxil do ano pasado, ao Santiago desacelerar e conectar, e, o peor, é que de tanto desacelerar, parece que o que realmente pasa é que se apaga”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)