AD

Actualidad

O PP de Santiago mostra a súa preocupación polos problemas de seguridade vial en O Eixo

today21 agosto, 2025

Fondo
share close
AD

• Nerea Barcia denunciou que, nesta área compostelá, “hai case un cento de casas e, nas horas punta, é un gran descontrol, posto que se trata dunha zona moi transitada que non conta nin con pasos de peóns, nin semáforos, nin con outros dispositivos que regulen a velocidade”.

• A popular destacou que, “a isto, hai que engadir a existencia de grandes fochancas, que, como denuncia a veciñanza, tamén deben arranxarse, pero aínda que o solicitaron en numerosas ocasións, o goberno do BNG non os escoitan e tampouco lles dan solucións”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, despois dunha reunión cos veciños do Eixo, vén de solicitar a posta en marcha, de forma urxente, melloras na seguridade vial desta parroquia, concretamente, na zona da Veiga do Balao, situación que a súa veciñanza leva tempo denunciando, sen obter resposta por parte do goberno local, e que supón un grave problema para peóns e vehículos.

“Está claro -subliñou- que os nacionalistas nin saben facer, nin saben escoitar e, mentres tanto, a veciñanza sofre as consecuencias dunha xestión ineficaz, afastada das persoas e caótica”.

A popular denunciou que, nesta área compostelá “existe case un cento de casas e, nas horas punta, é un gran descontrol, xa que se trata dunha zona moi transitada que non conta nin con pasos de peóns, nin semáforos, nin con outros dispositivos que regulen a velocidade”.

“Estamos ante unha situación -remarcou a popular- que supón un grave perigo, posto que os coches pasan a gran velocidade, polo que os veciños e veciñas lamentan que os seus fillos e fillas non poidan ir sos ao parque, polo risco que hai de atropelos”.

Nerea Barcia destacou que, “a isto, hai que engadir a existencia de grandes fochancas, que, como denuncia a veciñanza, tamén deben arranxarse, pero aínda que o solicitaron en numerosas ocasións, o goberno do BNG non os escoitan e tampouco lles dan solucións”.

Finalmente, a edil popular reclamou tamén a creación dun espazo para que os rapaces desta parroquia poidan xogar con tranquilidade e que se acondicionen os parques.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *