AD

Actualidad

O PP de Santiago pide a dimisión inmediata de Goretti Sanmartín tras un incendio con operativo insuficiente

today15 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

O Partido Popular de Santiago lanzou esta mañá un comunicado urxente no que demanda a dimisión inmediata da alcaldesa, Goretti Sanmartín, á que sinala como “máxima responsable” da situación que, segundo denuncian, vive o servizo de Bombeiros de Compostela.

Os populares agradecen o labor dos bombeiros de Santiago, que “hoxe puxeron a súa vida en perigo acudindo a un incendio cun equipo insuficiente”, así como o apoio prestado polos efectivos de Brión e Ordes, que permitiu entre todos evitar “unha posible traxedia con perda de vidas”.

No comunicado, o PP acusa o goberno municipal formado por BNG e Compostela Aberta, co apoio do PSOE, de ter a cidade “nunha situación límite”. Pregúntanse “que máis ten que pasar” e responsabilizan directamente a alcaldesa “do caos, a desorde e de poñer en risco a vida dos santiagueses”.

Ademais, advirten de que farán a Goretti Sanmartín “responsable penalmente de calquera dano persoal que poida sufrir un cidadán ou un bombeiro” debido, afirman, á “inactividade neglixente” do goberno local para resolver un problema “que só require vontade política”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *