Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 enero, 2024
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, manifestou hoxe a débeda que ten a cidade coa Policía Nacional, corpo encargado de velar pola seguridade de toda a veciñanza, por iso solicita que se lles outorgue a Medalla de Ouro da cidade.
De la Fuente subliñou que o Concello ten o deber moral de recoñecer o labor desenvolvido polos axentes da Policía Nacional na capital de Galicia, polo que é necesario facer un recoñecemento público no que quede reflectido o aprecio que a cidadanía de Compostela lle ten á Policía Nacional e aos seus compoñentes.
“Cremos que este Corpo aglutina méritos suficientes que xustifican sobradamente a concesión da Medalla de Ouro da Cidade, sobre todo, ao coincidir co 200 aniversario de creación do Corpo e en recoñecemento ao labor dos homes e mulleres membros da Comisaría de Santiago de Compostela”, subliñou.
O popular remarcou que “200 anos de vida, dedicados a velar pola seguridade dos cidadás e nos que ten acreditado ter dado unha resposta eficaz ás demandas da veciñanza nas máis difíciles circunstancias, os fan merecentes desta homenaxe”.
Finalmente, De la Fuente remarcou que “a presenza da Policía Nacional en Santiago non é allea a esa longa e importante traxectoria de servizo público, cuxa cidadanía valora, como a do resto de España, a labor de protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades públicas de todos e de garante da seguridade cidadán, que a converten por merecementos propios nunha das institucións públicas máis valoradas e queridas polos españois”.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)