AD

Actualidad

O PP de Santiago pide ao BNG unha auditoría dos contratos durante a COVID

today12 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

“Creo que é necesario que se explique quen son os provedores, os importes dos contratos e os procesos de selección que se levaron a cabo para formalizar ditos contratos de emerxencia, para que non se poña en dúbida o bo facer que se lle presupón a unha administración pública”, sinalou o Constenla.

Desde o PP de Santiago consideran necesario que os contratos sinalados polo Consello de Contas como contratos sen cobertura legal sexan investigados e se despexe toda dúbida para non ter que vivir o espectáculo bochornoso que se está a vivir co Goberno de España.

O Partido Popular de Santiago, a través do seu vicevoceiro José Antonio Constenla, amosou hoxe a súa preocupación tras coñecerse o informe do Consello de Contas sobre os contratos levados a cabo no Concello de Santiago durante a pandemia.

Para o popular, “non se trata de xulgar os contratos, asinados nun momento complicado para todos, porque non temos a información; pero consideramos que fan falla explicacións sobre os mesmos. Unha vez pasada a emerxencia toca avaliar as accións”.

“É por iso -engadiu- polo que pediremos unha auditoría, para esclarecer a situación de 85 contratos adxudicados por procedemento de emerxencia no Concello de Santiago nos que non consta a xustificación de dita emerxencia”.

Así Constenla calificou de “alarmante” tamén que no informe do Consello de Contas se reflicta que dos 165 contratos de emerxencia de entidades locales, 85 correspondan ao noso concello; e, sobre todo, que deses 85, 24 deles non figuren publicados no perfil do contratante do Concello, polo que non hai xustificación do procedemento, nin obxecto, nin prezo de adxudicación nin identidade do contratista. “Creo que é necesario que se explique quen son os provedores, os importes dos contratos e os procesos de selección que se levaron a cabo para formalizar ditos contratos de emerxencia, para que non se poña en dúbida o bo facer que se lle presupón a unha administración pública”, sinalou o concelleiro.

Estes contratos de urxencia, como os polémicos contratos de mascariñas do Goberno Central que están sendo investigados, son máis susceptibles de prácticas irregulares e polo tanto requiren máis transparencia e explicacións.

Por ese motivo, desde o PP de Santiago consideran necesario que os contratos sinalados polo Consello de Contas como contratos sen cobertura legal sexan investigados e se despexe toda dúbida para non ter que vivir o espectáculo bochornoso que se está a vivir co Goberno de España.

Nese senso, para Constenla, “a alcaldesa é alcaldesa de Concello de hoxe pero tamén do de onte, polo que está obligada a aclarar calquera dúbida que planee sobre a actuación da nosa administración local”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%