AD

Actualidad

O PP de Santiago pide o dimisión do concelleiro pola situación «insostible» dos Centros Socioculturais

today3 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

José Ramón de la Fuente afirmou que chegados a este punto o lóxico sería que sexa a alcaldesa quen o cese e faga unha reestruturación do seu goberno asumindo persoalmente a súa xestión

O edil popular acusou ao goberno local de falta de transparencia no relativo ao novo contratos dos centros socioculturais, “vai para tres meses que temos solicitado acceso aos informes dos técnicos municipais, e da asesoría xurídica e intervención sobre a licitación dos contratos que deben xestionar a rede de Centros Socioculturais e, de momento, non temos contestación; a falla de transparencia é un signo distintivo deste goberno da Sra. Sanmartín”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, urxiu hoxe, de novo, a licitación dos contratos dos Centros socioculturais ante a crítica situación que están a atravesar. E é que dentro dun mes rematan tres dos catro contratos que xestionan a rede de Centros Socioculturais, e dúas empresas xa anunciaron que non queren seguir, mentres continuamos sen saber nada acerca de cando sairá a nova licitación.

De la Fuente afirmou que o concelleiro responsable debería renunciar á xestión deste Departamento, pero chegados a este punto o lóxico sería que sexa a alcaldesa quen o cese e faga unha reestruturación do seu goberno asumindo persoalmente a súa xestión; o grado de deterioro non admite outra solución, a incapacidade demostrada polo concelleiro e a quebra da confianza con empresas e traballadores polas reiteradas mentiras non permiten confiar na interlocución co conselleiro para atallar un problema do que el e o principal responsable”.

O edil popular acusou ao goberno local de falta de transparencia no relativo ao novo contratos dos centros socioculturais, “vai para tres meses que temos solicitado acceso aos informes dos técnicos municipais, e da asesoría xurídica e intervención sobre a licitación dos contratos que deben xestionar a rede de Centros Socioculturais e, de momento, non temos contestación; a falla de transparencia é un signo distintivo deste goberno da Sra. Sanmartín”. “Tamén nos gustaría saber -engadiu- por que se en decembro o goberno local dixo en Pleno que os pregos dos contratos estaban redactados, 5 meses despois seguen sen licitalos”. “Non resulta baldío preguntarse por que non publican esa licitación? Por que ocultan os informes dos técnicos municipais que solitamos hai máis de 3 meses?”.

De la Fuente salientou ademais que que Serviplustotal, á que agora se suma Norintegra, que leva o contrato de conserxería, denunciou varias veces a situación, e incluso ameazou con deixar de prestar o servizo, a última en novembro pasado, pero decidiu seguir ante a promesa do goberno local de que en semanas estaría lista a contratación; “sen embargo, pasaron os meses e a situación, lonxe de resolverse, esta agora mesmo nunha situación insostible”, lamentou.

Lembrou tamén que os servizos se están prestando a día de hoxe coas empresas querendo deixar os contratos, cos traballadores coa incerteza do seu futuro laboral e cobrando as súas nóminas con retraso; cos usuarios preocupados ante a ameaza constante de que as actividades se suspendan en calquera momento, polo que calificou de “calamitosa” a xestión deste departamento é a día de hoxe.

De la Fuente destacou que “o goberno local mentiu a empresas, mentiu a traballadores e mentiu a usuarios en repetidas ocasións, polo que xa non podemos facer responsable deste caos ao concelleiro, que deu nesta materia amplas e repetidas mostras da súa incapacidade na xestión; está claramente superado por un problema que cada día que pasa agrava a situación de traballadores e de usuarios, que ven chegar o verano e non saben se van poder contar con programación de conciliación”. “Polo que -engadiu- debe ser a alcaldesa quen tome cartas sobre o asunto e, en primeiro lugar, reciba dunha vez aos traballadores afectados pola situación, aos que sistematicamente se nega a recibir”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *