Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 septiembre, 2025
• Para De la Fuente, “o deterioro do funcionamento desta área xa transcende ao propio concelleiro responsable, que dou sobradas mostras de ser incapaz de xestionar os centros, polo que é preciso que sexa a propia alcaldesa a que dea resposta a todas as incertezas que se cernen neste eido”.
• O popular insistiu tamén que “as actividade dos Centros socioculturais estase resentindo gravemente, mentres, o ano pasado, os nacionalistas desviaron máis de 100.000 euros dos orzamentos para investimentos nos CSC, a outros fins que nada teñen que ver con estas instalación e as súas actividades”.
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, tachou hoxe, en rolda de prensa, de “indolente, opaca e caótica, ademais de neglixente e irresponsable” a xestión dos centros socioculturais da cidade, polo que lle pediu á alcaldesa que tome o control da xestión dos centros e cese ao concelleiro responsable.
De la Fuente insistiu en que “a alcaldesa é cómplice desta xestión, polo tanto é responsable do que esta pasando nos centros socioculturais, polo que debe ser ela quen asuma, directamente, a xestión e quen aclare, publicamente, que se esconde detrás do retraso na licitación destes contratos; quen garanta aos traballadores o mantemento das súas condicións de traballo; e o normal desenvolvemento das actividades; e se ocupe, en primeira persoa, de sacar adiante a licitación do procedemento”.
Para o edil, “o deterioro do funcionamento desta área xa transcende ao propio concelleiro responsable, que dou sobradas mostras de ser incapaz de xestionar os centro, polo que é preciso que sexa a propia alcaldesa a que dea resposta a todas as preguntas e incertezas que se cernen neste eido”.
O popular lembra que “a os traballadores se lles deben xa dúas nóminas, coas consecuencias que na súa vida ten esta inoperancia, porque o goberno nacionalista non é quen de iniciar, tal e como prometeu varias veces, a licitación destes contratos”.
“En lugar de cumprir coa súa palabra, o goberno local prorrogou os contratos varias veces, en contra do criterio das empresas, -asegurou o edil popular- facendo imposible a viabilidade das prestacións dos contratos, o que leva a reducir custos, circunstancia que están pagando inmerecidamente os traballadores e os propios usuarios da rede de Centros”.
No transcurso da súa intervención, De la Fuente preguntouse “por que non licitan dunha vez os novos contratos; ou se os pregos están listos desde maio do ano pasado, tal e como anunciou o concelleiro, por que non se publican?; ou a que compromisos chegaron que agora non poden cumprir?”.
Ocultación de información
O popular insistiu en que “a xestión destes contratos é opaca, escura e sospeitosa” e explicou que, “en decembro, solicitamos acceso ás peticións de Serviplustotal de resarcimento de desequilibrio económico e da rescisión de contrato; e, dez meses despois, estamos esperando resposta”.
“Así mesmo, -subliñou- en febreiro, pedimos tamén acceso aos informes técnicos e xurídicos deste expediente e, sete meses despois, seguimos esperando resposta, o que fai que nos preguntemos: por que se negan a entregar á oposición os informes técnicos, económicos e xurídicos que obran no expediente?”.
De la Fuente destacou tamén que “as actividade dos Centros socioculturais estase resentindo gravemente, con programas más cativos, cambios de horas, falta de persoal, instalacións defectuosas e mal climatizadas, falta de actividades e de material, algo que prexudica, sobre todo, as instalacións do rural, mentres, o ano pasado, os nacionalistas desviaron máis de 100.000 euros dos orzamentos para investimentos nos CSC, para outros fins que nada teñen que ver con estas instalación e as súas actividades”.
“Parecía que todo ía mudar cando, no mes de outubro, se fiexon movementos neste departamento: un axuste global de tarefas e funcións; reasignanción de tarefas; cambios de funcionarios de postos de traballo e do seu lugar de traballo; todo co fin de tratar de tapar a indolente xestión do goberno local, pero todo segue igual”, agregou o popular.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)