AD

Actualidad

O PP de Santiago reclama a colocación de beirarrúas nas rúas Volta do Castro, Ponte da Rocha e Poza Real de Abaixo

today9 julio, 2024

Fondo
share close
AD
  • “Estes viais adoecen, en gran parte, de zonas polas que os peóns transiten sen correr perigo de ser atropelados, xa que en moitos tramos teñen que ir pola estrada para moverse ou acceder aos seus domicilios” explicou.
  • De la Fuente incidiu que, a maiores, “nos escasos puntos nos que hai beirarrúas, os viandantes andan a través dunha xincana, xa que os treitos fixéronse de modo caprichoso, sen uniformidade e sen sentido algún e, evidentemente, sen a mínima planificación urbanística, nin lóxica”.

Aínda que estamos no século XXI e falamos de vías situadas na capital de Galicia, en Compostela existen zonas onde os peóns carecen de elementos imprescindibles que toda rúa debe ter, por elo, o concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, reclámalle ao BNG que leve a cabo, coa maior dilixencia, a construción de beirarrúas nas rúas Volta do Castro, Ponte da Rocha e Poza Real de Abaixo, co fin de garantir a accesibilidade e a seguridade da veciñanza.

“Estes viais adoecen, en gran parte do seu percorrido, de beirarrúas polas que os peóns poidan transitar sen correr perigo de resultar atropelados por algún automóbil, xa que en moitos tramos teñen que utilizar a estrada para moverse ou acceder aos seus domicilios” explicou.

De la Fuente incide que, a maiores, “nos escasos puntos nos que hai beirarrúas, os viandantes  andan a través dunha xincana, xa que os treitos fixéronse de modo caprichoso, sen uniformidade e sen sentido algún e, evidentemente, sen a mínima planificación urbanística, nin lóxica”.

“Onde deberíamos atoparnos unhas beirarrúas para que os peóns transiten por elas con normalidade, subliñou o popular, o que hai son: tramos de terra, de pedras, con gravilla, soleiras de formigón, de xestas, planimetrías variadas e fochancas perigosas, entre outros elementos”.

O edil popular engade que tamén “existen problemas para chegar ata as marquesiñas do autobús nas rúas Volta do Castro e Poza Real de Abaixo, posto non queda outro remedio que pasar pola estrada, arriscando a integridade física de cada un e, por suposto, son inaccesibles para persoas con mobilidade reducida, o que, fai que o acceso ao seu domicilio polos seus propios medios sexa unha tarefa imposible cada día”.

De la Fuente aclarou que o tránsito entre a rúa da Ponte da Rocha e Poza Real de Abaixo é a través da antiga Ponte da Rocha o que o fai especialmente perigoso, xa que, alí, os peóns teñen que meterse na estrada por onte pasan todo tipo de vehículos e de diversos tamaños, como os autobuses urbanos, e, ademais, hai que ter en conta o centro educativo, ao que teñen que acceden alumnos e profesores, aos que se poñen en perigo.

“A recente instalación de bandas rugosas nese punto concreto non resolveu o problema, porque aínda que axudan a que os coches limiten a súa velocidade, non impiden que os transeúntes teñan que circular compartindo calzada cos diferentes automóbiles, xerando, polo tanto, unhas circunstancias que non garanten a súa seguridade”, insistiu.

Cabe lembrar que os veciños fixeron, no seu momento, a cesión de espazos necesarios para que se levase a cabo unha intervención inmediata, que solucionara este estado lamentable das beirarrúas, segundo tiña programado o Concello, pero finalmente os anos seguen pasando sen que a imprescindible e xusta actuación se tivera nin sequera iniciado.

Finalmente, De la Fuente subliñou que “a veciñanza desta zona está cansa de falsas promesas, actuacións tramposas e de ver como cada día teñen que xogarse a vida cando pasan por aí ou saen das súas casas, polo que reiteran a súa petición de que se lles conceda o luxo de ter beirarrúas accesibles polas que transitar con seguridade”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%