AD

Actualidad

O PP de Santiago reclama melloras na parroquia de Sabugueira

today6 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Nerea Barcia destacou que chama a atención que o goberno nacionalista fale dun Plan de mellora do rural cando, tras case nove meses de mandato, seguen sen atender as demandas básicas desta zona da capital de Galicia.
  • A edil popular destacou tamén o lamentable estado de conservación no que se atopa a área de descanso situada en Vilamaior, onde, lonxe de poder empregarse para o esparcemento dos veciños o que parece é un vertedoiro cheo de maleza e desperfectos.

O PP de Santiago reclámalle ao goberno nacionalista que leve a cabo distintas melloras na parroquia de Sabugueira, concretamente, no núcleo de Lavacolla. A concelleira popular, Nerea Barcia, destacou que chama a atención que o goberno nacionalista fale dun Plan de mellora do rural cando, tras case nove meses de mandato, seguen sen atender as demandas máis básicas desta zona da capital de Galicia.

Nestes días, Barcia reuniuse coa veciñanza de Lavacolla, que lle insistiu en que é necesario que se leven a cabo tarefas como o asfaltado con aglomerado de distintos viais, posto que as vías desta área soportan unha alta densidade de tráfico e outros materiais non terían a mesma durabilidade.

A edil popular destacou tamén o lamentable estado de conservación no que se atopa a área de descanso situada en Vilamaior, onde, lonxe de poder empregarse para o esparcemento dos veciños o que parece é un basureiro cheo de maleza e desperfectos.

Así mesmo, indicou que o calendario de rozas non se está a cumprir, o que supón un perigo para peóns e vehículos, a parte de dar unha mala imaxe da zona. Tamén reclamou a posta en marcha de parques infantís e biosaudables, equipamentos inexistente ou que se atopan en malas condicións.

A popular explicou que o Partido Popular de Santiago traballa para acadar un rural en condicións, posto que a capital de Galicia conta con espazo nestas zonas, máis dunha decena de parroquias, o que supón milleiros de habitantes.

Desde o PP, “queremos coidar á xente que vive no rural e invitar a que mozos e mozas fagan que estes núcleos medren, polo que esiximos que, desde o goberno nacionalista faciliten que isto sexa posible e deixen de poñer trabas”, engadiu.

Nerea Barcia lembrou que as persoas que viven no rural pagan impostos, pero as súas condicións son inaceptables e o goberno do BNG non amosa gran interese en axudar a fomentar a vida do rural e darlle solución as demandas da veciñanza.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%