Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
• Barcia insistiu en que os nacionalistas teñen deixado de lado ao rural compostelán, do que só botan man cando hai eleccións pero, cando vai facer un ano desas datas, nada se ten feito por estas zonas de Santiago.
• Ademais, no encontro a Asociación de Veciños trasladou o seu malestar pola proposta de transporte para a súa parroquia que o BNG vai incluír no novo contrato de buses, que deixará darlles un servizo axeitado ás súas necesidades pola variación de liñas que pretenden facer.
Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia e Adrián Villa, reclámanlle ao BNG que acondicionen o Centro Sociocultural da Peregrina, que, despois da remodelación levada a cabo polo goberno socialista, segue a ter graves problemas de humidades e no funcionamento da calefacción, o que imposibilita celebrar actividades en condicións, sobre todo, nas épocas de máis frío e choiva.
Durante a xuntanza, os veciños denunciaron o estado de abandono da parroquia por parte dos nacionalistas, que continúan sen saneamento e abastecemento tras anos demandando ese servizo.
Os edís populares tamén salientaron a falla de limpeza das gabias e lamentaron que non se proceda a poda da carballeira onde celebran os festexos, xa que a situación das árbores poderían causar incidentes graves para as persoas que alí se reúnen.
Ademais, no encontro a Asociación de Veciños trasladou o seu malestar pola proposta de transporte para a súa parroquia que o BNG vai incluír no novo contrato de buses, que deixará darlles un servizo axeitado ás súas necesidades pola variación de liñas que pretenden facer. Para Villa, estamos ante outra mostra máis da inacción deste goberno, que en lugar de mellorar os servizos, os empeora con decisións unilaterais sen ter en conta aos veciños afectados.
Barcia insistiu en que os nacionalistas teñen deixado de lado ao rural compostelán, do que só botan man cando hai eleccións pero, cando vai facer un ano desas datas, nada se ten feito por estas zonas de Santiago.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)