Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 septiembre, 2024
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denunciou a dificultade que teñen os usuarios dos Centros socioculturais para aboar a matrícula das actividades que desexen practicar, xa que, este ano, por primeira vez, é imprescindible realizar o pagamento a través da sede electrónica do Concello, sen que se teñan arbitrado ou previsto outras posibilidades.
Deste xeito, explicou o popular, “para poder pagar é imprescindible contar co certificado dixital ou acceder mediante o sistema Clave, e é obvio que moitas persoas, sobre todo, os maiores ou os que carecen das competencias dixitais necesarias, non teñen un acceso fácil a ese tipo de ferramenta”.
Neste momento, para matricularse hai que prescribirse, algo que se pode facer de forma telemática ou en persoa nas propias instalacións, unha vez admitido, debe realizarse o pago, e aí está o problema, porque dito trámite só pode facerse en sede electrónica, “polo que, aínda que esteas admitido a participar nun curso, engadiu De la Fuente, se non podes acceder e pagar, o usuario será excluído”.
“Hai máis dun ano, o BNG propoñía mellorar a calidade de vida da veciñanza e situar as persoas no centro das políticas municipais, pero isto só era retórica baleira e falsa, porque os nacionalistas o que esta facendo é fomentar brecha tecnolóxica, sobre todo, entre persoas maiores”, incidiu.
Para o popular, “o que están facendo os nacionalistas é expulsar ás persoas maiores dos Centros Socioculturais, porque moitos non terán forma de acceder persoalmente a esa modalidade de pago; e o que non pode ser é que os usuarios teñan que buscar algún familiar, amigo ou outorgarlle a alguén un poder de representación”.
Así mesmo, aclarou o edil popular, “esta única modalidade de pago incumpre incluso a Ordenanza xeral de xestión recadación que contempla a posibilidade de realizar o pagamento directamente nas entidades colaboradoras de diversos modos”.
De la Fuente aclarou que o que debe facer o Concello, se de verdade quere servir ao cidadán, é emitir e entregar un recibo no momento da matrícula, para que os usuarios poidan dirixirse a unha entidade bancaria e pagar por caixa, como fan o resto de administracións públicas.
“O BNG non está pola labor de facilitar as xestións dos veciños co Concello, non pon á Administración local ao servizo dos cidadáns, máis ben todo o contrario, como non é quen de organizar e axilizar, impón aos cidadáns cargas administrativas inasumibles para moitas persoas”.
Escrito por Líder Redacción
noticias compostela politica pp radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)