AD

Destacado

O PP de Santiago solicita a recuperación da parada de autobús dos Concheiros

today17 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • O concelleiro Adrián Villa lamentou que “logo do que a veciñanza dos Concheiros sufriu con estas obras, non é comprensible eliminar unha parada de autobús que levaba alí toda a vida”.
  • Os veciños do barrio presentaron no rexistro municipal un escrito con 60 sinaturas solicitando que se restableza a parada.

O concelleiro do Partido Popular, Adrián Villa, visitou a rúa dos Concheiros onde, despois da urbanización da rúa, a veciñanza perdeu a súa parada de autobús urbano. O edil, que se reuniu cos veciños, tivo acceso á copia do escrito presentado no rexistro municipal o pasado mes. Neste figuran máis de 60 sinaturas da veciñanza solicitando a recuperación desa parada que a liña C11, que sobe pola rúa de San Pedro, viña realizando. Villa sumouse a esta demanda veciñal que tildou de “lícita e que, con vontade política, tería unha sinxela solución”. O concelleiro puido comprobar que, onde se atopaba a parada, ante un gran supermercado, quedou un espazo no que previsiblemente podería manterse este estacionamento para autobuses, posteriormente empregouse este lugar para colocar os colectores de lixo subterráneos, polo que agora non sería posible ou tería unha custosa e difícil solución.

Non obstante, o concelleiro salientou que existen outras alternativas para que o autobús realizase a súa parada, pero “é cuestión de vontade política, algo que parece que lle falta a este goberno do BNG”. Villa xustificou esta demanda posto que, desde o cruceiro da Coruña ata a avenida de Lugo non existe outra parada. Ademais o popular lamentou que “logo do que a veciñanza dos Concheiros sufriu con estas obras, non é comprensible eliminar unha parada de autobús que levaba alí toda a vida”.

Por último, Adrián Villa comprometeuse coa veciñanza a que se dea resposta a este prexuízo para os usuarios e, máis de forma concreta a aqueles de maior idade, que ven como perderon a súa parada e teñen que desprazarse máis de 100 metros para subir ou baixar do autobús.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%