AD

Actualidad

O PP de Santiago tilda de «inaceptables» as declaracións de Rozas sobre “os soños húmidos” de Verea

today2 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

María Baleato lamentou que “non sexa quen de tratar con respecto non só ao voceiro popular, Borja Verea, senón tamén a todos os que apoiaron ao Partido Popular nas urnas mais tamén a todos os composteláns.”

• Sorpréndeme enormemente que se empregue o menosprezo ante unha cuestión tan importante como é a gobernabilidade deste concello, e preocúpame aínda máis que este sexa o espectáculo que lle estamos a trasladar aos cidadáns de Santiago”, engadiu a edil popular.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, lamentou hoxe que a señora Rozas “non sexa quen de tratar con respecto non só ao voceiro popular, Borja Verea, senón tamén a todos os que apoiaron ao Partido Popular nas urnas mais tamén a todos os composteláns.”

A popular remarcou que, “a expresión empregada onte pola señora Rozas para refirirse a unhas declaracións do señor Verea e do secretario provincial do Partido Popular, Evaristo Ben, sobre unha posible moción de censura en Santiago é inaceptable e moi desafortunada, imaxinemos que esa mesma expresión fose empregada polo líder popular para dirixirse a ela, que pasaría?”.

Baleato remarcou que lle sorprende “enormemente que se empregue o menosprezo ante unha cuestión tan importante como é a gobernabilidade deste concello, e preocúpame aínda máis que este sexa o espectáculo que lle estamos a trasladar aos cidadáns de Santiago”.

“A moción de censura -engadiu Baleato- é un instrumento xurídico recollido na Lei electoral, polo que acusarnos de ser incapaces de asumir as normas democráticas é un gran erro pola súa parte, ¿ou só respectamos as normas democráticas cando nos benefician como foi para o pacto de goberno?”. A edil popular insistiu en que “as normas hai que respectalas non só cando son para o teu beneficio senón tamén cando non o son, como sería o caso dunha posible moción de censura. Entendo que non lle gusta ou non queira escoitar que o concello non funciona, que a limpeza é deficiente, que o contrato de transportes non foron quen de licitalo, que o contrato da auga segue sen avanzar, que o departamento de urbanismo non marcha correctamente, que as facturas tardan en pagarse…é que non só llelo dicimos nós, dinllo tamén os seus socios de goberno”.

En relación ás declaracións da alcaldesa, Baleato remarcou que “no 2027 xa veremos quen ten os apoios para gobernar, insisto, porque o decidirán os composteláns nas urnas e non ela coas súas predicións”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *