AD

Actualidad

O PP esixe explicacións a Goretti Sanmartín tras a súa «desaparición» no incendio en Pontepedriña

today17 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • “O silencio da alcaldesa desde entón só agrava a situación. Santiago non merece unha rexedora que desapareza cando os veciños máis a necesitan, polo que, reiteramos, Goretti Sanmartín debería asumir dunha vez responsabilidades e dimitir”, concluíu De la Fuente.
  • O edil popular subliñou que “se non dá a cara nestas circunstancias, cando pensa exercer as súas responsabilidades, pensa a alcaldesa que se se esconde logrará facer esquecer aos composteláns que é responsable directa do que está pasando, ou estivo meditando presentar a súa dimisión”.

O concelleiro do PP de Santiago, José Ramón de la Fuente, vén de denunciar a incomprensible e irresponsable desaparición de Goretti Sanmartín durante o grave incendio rexistrado o sábado na cidade, un episodio no que os Bombeiros de Santiago tiveron que actuar nunha situación de baixo mínimos e con serias dificultades para garantir a seguridade dos veciños, e no que necesitaron o apoio dos GES de Brión e Ordes.

De la Fuente criticou con dureza que, malia coñecer a gravidade da situación e a escaseza de efectivos dispoñibles esa fin de semana, a rexedora decidise non aparecer, nin interesarse polo operativo, nin exercer a responsabilidade mínima que se lle supón a quen debería estar á fronte da cidade en momentos críticos.

“É intolerable que, cun incendio activo e uns bombeiros ao límite, a alcaldesa estivese simplemente desaparecida. Nin deu a cara, nin asumiu o liderado que a situación requiría, nin mostrou a máis mínima preocupación polos composteláns”, afirmou o popular.

O edil popular preguntouse onde estivo este pasado fin se semana cando os bombeiros e veciños de Santiago tiveron que afrontar unha situación inédita e de extrema gravidade, “se non dá a cara nestas circunstancias, cando pensa exercer as súas responsabilidades, pensa a alcaldesa que se se esconde logrará facer esquecer aos composteláns que é responsable directa do que está pasando, ou estivo meditando presentar a súa dimisión”, subliñou de la Fuente.

Para o PP de Santiago, a ausencia da Goretti Sanmartín é unha mostra evidente do abandono e da indolencia absoluta que o goberno de BNG e CA exerce sobre os servizos de emerxencia e sobre a cidade. “Se nin sequera aparece nun incendio grave, cando pensa exercer as súas responsabilidades?”, engaden.

Os populares esixen que ao BNG que explique onde estaba a alcaldesa, por que optou por non acudir e quen tomou as decisións durante o operativo. Ademais, reclaman que se fagan públicos os protocolos activados e os recursos realmente dispoñibles ese día.

“O que pasou o sábado é unha vergoña. E o silencio da alcaldesa desde entón só agrava a situación. Santiago non merece unha rexedora que desapareza cando os veciños máis a necesitan, polo que, reiteramos, Goretti Sanmartín debería asumir dunha vez responsabilidades e dimitir; a nosa cidade non poder seguir baixo este goberno de BNG e CA”, concluíu De la Fuente.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *