AD

Actualidad

O PP esixe responsabilidades pola suspensión da final da Copa de Santiago de fútbol

today20 junio, 2025

Fondo
share close
AD

• “O goberno local -explicou De la Fuente- comunicoulles a ambos clubs esta situación tan só dous días antes da data prevista e anunciada para a súa celebración, o motivo: a final non podía disputarse, porque se esqueceron de mercar os trofeos que debían entregarse aos participantes”.

• “Estamos ante unha concellería moi mal planificada, xa que aglutina materias tan esenciais para a cidade como: deportes, relacións veciñais, festas, rural e a UMAD, o que demostra -dixo- o pouco que lle interesan a este goberno estes asuntos, ademais evidencia un claro desleixo e falta de xestión”.

O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro, José Ramón de la Fuente, denunciou a situación “surrealista” tamén da concellería de Deportes do goberno local, quen vén de suspender a final da Copa de Santiago, que tiñan que disputar o CD Belvís e o Amio SD o pasado domingo, 16 de xuño, e que finalmente tivo que ser aprazado.

“O goberno local -explicou De la Fuente- comunicoulles a ambos clubs esta situación tan só dous días antes da data prevista e anunciada para a súa celebración, o motivo: a final non podía disputarse, porque se esqueceron de mercar os trofeos que debían entregarse aos participantes”.

Para o concelleiro popular, “non é de recibo que o goberno nacionalista xogue co esforzo e a ilusión de xogadores e afeccionados, sobre todo, tendo en conta que só tiña que ocuparse dunha cousa, comprar os trofeos para gañador e finalista e, nin sequera, é capaz de facer iso”.

De la Fuente destacou que “todo lle viña dado e organizado pola Federación Galega de Fútbol e polos clubs, os nacionalistas só tiñan que garantir a disposición do campo de fútbol e que houbera trofeos e medallas para os xogadores”.

O edil popular remarcou que na concellería de Deportes “se xuntan a fame e as gañas de comer, contamos cunha falta de efectivos evidente, totalmente insuficiente para atender, de forma adecuada, as necesidades do amplo tecido deportivo da cidade”.

“Estamos ante unha concellería moi mal planificada, xa que aglutina materias tan esenciais para a cidade como: deportes, relacións veciñais, festas, rural e a UMAD, o que demostra -dixo- o pouco que lle interesan a este goberno estes asuntos, ademais evidencia un claro desleixo e falta de xestión”.

O popular subliñou que, dende que comezou o actual mandato “o BNG non fai máis que ir a remolque, sempre por detrás dos acontecementos o que lles está a supoñer un importante prexuízo a todas as veciñas e veciños de Santiago, que son os que padecen as consecuencia dunha xestión sen ideas e neglixente”.

“Agora que están de balance e celebrando a costa dos santiagueses que levan dous anos no goberno, cómpre lembrar que en materia de Deportes tampouco teñen do que presumir, non fixeron nada novo e foron incapaces de iniciar moitas das obras previstas e as que empezaron as comezaron cun notable retraso, respecto do inicialmente previsto”.

Finalmente, José Ramón de la Fuente destacou que “o BNG esta errando na determinación de prioridades, vese claramente na súa política de recursos humanos, posto que ten a concellaría de Deportes infradotada e os cadros de Policía local e servizos de extinción de incendios por debaixo dos mínimos recomendables”, pero subliñou o popular “non perdeu o tempo en crear e cubrir prazas de alta dirección ou de asesoramento e asistencia, que pode cubrir a dedo entre os membros da súa lista electoral que non saíron elixidos”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *