Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 enero, 2024
As concelleiras do Partido Popular de Santiago María Baleato e Nerea Barcia, lamentaron, en rolda de prensa, “a desolada imaxe” que o Goberno do BNG deu de Compostela na Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid. “O Goberno nacionalista optou por unha presentación sen imaxes da cidade baixo o lema “Santiago de Compostela, patrimonio da humanidade: Tes o dereito a desfrutalo e a obriga de coidalo`, moi lonxe dos obxectivos para os que está creado este evento”, destacou Baleato.
A concelleira popular remarcou que, “para nós, o turismo consciente e responsable debe ser unha prioridade, pero o que non podemos permitir é que a imaxe que se traslade de Santiago no escaparate nacional e internacional, sexa o dun destino gruñón, no que os turistas non son ben recibidos porque non saben comportarse”.
Desde o verán de 2023 veñen proxectando a idea de que Santiago é un destino saturado, cando iso non é real; e esa mensaxe foi calando en certos sectores de poboación, servindo de caldo de cultivo para o crecemento dun rexeitamento, por parte da veciñanza, tanto dos turistas como dos peregrinos.
Lembramos que “lle corresponde ao Goberno do BNG traballar para facer de Santiago o mellor destino que un turista poida elixir e elaborar o Plan Estratéxico de Turismo, onde inclúan as liñas de actuación máis eficaces para conxugar a rendibilidade turística, con medidas que integren a actividade turística coa vida cotiá da veciñanza”.
Pola súa parte, Nerea Barcia indicou que o Goberno nacionalista “representou” a Santiago cun vídeo que máis parecía unha unidade didáctica de boas formas para concienciar aos rapaces das escolas e institutos sobre o que se pode ou non se pode facer pero, de ningunha maneira, era un material audiovisual que amosase a imaxe da nosa cidade.
“Novamente, os nacionalistas deixaron de lado, por exemplo, os espectaculares lugares que temos nos arredores da cidade; a promoción da nosa gastronomía; os numerosos monumentos que temos ademáis da Catedral; ou os nosos emblemáticos espazos verdes”, subliñou.
Nerea Barcia reiterou a súa mágoa de que os máximos representantes do Concello non estiveran á altura da capital de Galicia, que non foran quen de amosar, con orgullo, as bondades dunha Compostela universal e cun importante potencial turístico, tal como si souberon facer os membros doutras cidades e paises.
“A quen presentaban, a Santiago ou unha cadea de reparto? Como é posible que o BNG se sinta orgulloso de dar unha imaxe de Compostela deste xeito? Queren á cidade? Porque a impresión que levas é que non acudas a Santiago xa que a cidade non soporta ao turismo, nin aos peregrinos, Que tipo de turismo buscan?” pregúntase a concelleira.
Por outra banda destacou que “si falamos de normas, algo que nos chama a atención é que no vídeo de promoción ponse o énfase que está prohibido ir montado en bicicleta polo Casco Histórico. Unha norma que é para todos, pero se imos a dar leccións a milleiros de visitantes, os primeiros que teñen que cumprir son os concelleiros e, polo tanto, pedímoslle a Xesús Manuel Domínguez, concelleiro do BNG, que poña en práctica o seu propio código de conducta, e non atravese toda a Cidade Vella subido a súa bicicleta até a porta do Concello”, remarcou Barcia.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)