AD

Actualidad

O PP de Santiago lamenta que o BNG busque crear outro chiringuito coa nova empresa de vivenda

today18 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Por este motivo, Constenla esixiu saber como se vai financiar a nova empresa pública Emuvisa, “vai ir contra os orzamentos? Imos ter que pagar todos os composteláns o novo chiringuito?”
  • E pediu ao BNG que se poña a traballar dunha vez e deixe a política da propaganda, “desenvolvan por favor os plans parciais do SUD1, 2 e 3, e empecen a buscar inversores para desenvolver o polígono residencial de A Pulleira, que está listo para empezar”

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, cualificou hoxe de “tomadura de pelo” o anuncio das partidas orzamentarias para a creación dunha nova empresa de vivenda municipal.

O edil popular preguntouse se realmente é necesaria unha nova empresa pública para a rehabilitación de edificios, tendo en conta que xa existe a figura do Consorcio e incluso cabería a posibilidade de implementar unha oficina de rehabilitación. Así salientou que “o que semella é que están a buscar un novo chiringuito co que poder aumentar o seu sultanato”.

Nese senso, Constenla lamentou que se crease unha comisión para estudar a posta en marcha desta nova empresa de vivenda, pero nada se teña feito desde hai case un ano, e sen embargo aparezan nos medios de comunicación informacións que non se levan a esa comisión. Por este motivo, esixiu saber como se vai financiar a nova Emuvisa, “vai ir contra os orzamentos? Imos pagar todos os composteláns o novo chiringuito?. Destacou ademais que “nada sabemos da súa viabilidade económica, mais alá de que o Concello xa está comprometendo gasto para unha empresa que aínda non existe, sen ter ni sequera os informes de viabilidade financeira que se esixiron na comisión.

O popular afeou que a política de rehabilitación do BNG vaia a consistir en comprar unha casa de dúas plantas con 4 habitacións no Arco de Mazarelos para rehabilitar, “esa é a súa política con altura de miras?”.

Ademais destacou que “Santiago ten solo suficiente para empezar a desenvolver, sen estar pedindo a outras administracións que fagan o traballo por eles; empezando polo SUD4, na Pulleira, que xa está aprobado”. E pediu ao BNG que se poña a traballar dunha vez e deixe a política da propaganda, “elaboren por favor os plans parciais do SUD1, 2 e 3, e empecen a buscar inversores para desenvolver o polígono residencial de A Pulleira, que está listo para empezar”.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%