AD

Actualidad

O PP pide unha actuación urxente en Enfesta para acabar cos asolagamentos

today18 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • A deficiente canalización das augas pluviais está a provocar o asolagamento da calzada e nas fincas adxacentes, que xa causou unha fochanca de importantes dimensións, un perigo tanto para o tráfico rodado, como para o paso dos peóns, posto que tampouco existen beirarrúas.
  • Para Barcia o rural merece o mesmo respecto que o resto dos barrios de Santiago, e desde logo o BNG non llo está tendo, “deberían pensar menos en como mover partidas de todas as áreas para pasar asesores e altos cargos e máis en utilizar o orzamento nos veciños e veciñas de Compostela, tamén nos do rural”.

Concelleiros do Partido Popular de Santiago fixeron un percorrido pola parroquia de Enfesta, onde comprobaron as numerosas deficiencias que está a sufrir esta zona, sobre todo, chama a atención o lamentable estado da pista que comunica a estrada N-550 coa AC-250, á altura do Forte.

Os populares xa teñen denunciado a falta de atención ao rural por parte do BNG, algo “moi evidente, simplemente con visitar as zonas do rural, pódese contemplar como hai espazos cheos de maleza, beirarrúas intransitables e marquesiñas inutilizadas, é dicir, unha situación que representa un perigo para as persoas, a parte de ser unha contaminación visual”, destacou Nerea Barcia, quen engadiu que “lle reclamamos aos nacionalistas que visiten máis o rural compostelán e atendan as peticións da veciñanza”.

Un dos principais problemas co que se atopan agora mesmo os veciños de Forte, en Enfesta, é a deficiente canalización das augas pluviais, provocando o asolagamento da calzada e nas fincas adxacentes, que xa causou unha fochanca de importantes dimensións, un perigo tanto para o tráfico rodado, como para o paso dos peóns, posto que tampouco existen beirarrúas.

Barcia subliñou que “a confluencia das augas de varios lugares e o paso de camións de grandes dimensións por un camiño de acceso ás fincas están creando un auténtico tapón, a modo de presa, que provoca que as augas que circulan polos regatos se xunten nese punto e os canais non dean abasto para evacuala toda”.

Segundo os concelleiros populares, urxe resolver ese problema, polo que sería necesario abrir unha canalización antes dese lugar, co fin de que a auga de chuvia que se xunta, evacúe cara ao río e non ás fincas dos particulares.

Así mesmo, de xeito urxente, o BNG debe reparar a fenda na calzada, que se converteu nun problema de seguridade vial, e garantir un paso peonil, xa que, agora mesmo, os peóns teñen que transitar inevitablemente pola vía.

Para Barcia o rural merece o mesmo respecto que o resto dos barrios de Santiago, e desde logo o BNG non llo está tendo, “deberían pensar menos en como mover partidas de todas as áreas para pasar asesores e altos cargos e máis en utilizar o orzamento nos veciños e veciñas de Compostela, tamén nos do rural”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%