Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 febrero, 2024
O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, pediu tamén que o Concello divulgue a actividade deportiva da cidade ao través da súa web e das redes sociais corporativas do Concello (Facebook, X, Instagram, etc…)
De la Fuente lamentou que nin sequera sexan quen de sacar adiante os proxectos herdados: demórase indefinidamente o inicio das obras do pavillón de Vite, nin sequera están en licitación as obras de Santa Isabel, co risco de perder os Fondos NextGeneration que os financian, e recoñecen que nada van facer co mantemento do campo de fútbol de San Lázaro.
O Partido Popular propón elaborar unha axenda deportiva única, dispoñible en formato dixital, que inclúa a actividade semanal de todos os clubs deportivos da cidade, de todas as disciplinas e categorías, que permita coñecer a participación dos clubs nas distintas competicións, e a que divulgue a actividade deportiva da cidade, ao través da súa web e das redes sociais corporativas do Concello (facebook, X, instagram, etc…).
O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, subliñou que Santiago conta cunha importante comunidade deportiva en diversas e múltiples disciplinas, incluso en competicións nacionais de relevancia, que sen embargo non é coñecida por gran parte da veciñanza e, parece, tampouco polo BNG.
Recentemente se celebraron en Santiago eventos deportivos de relevancia deportiva e social, vinculados algúns deles a entidades de carácter social que non tiveron a difusión e a divulgación que os eventos e deportistas merecían; cuestión que non pasou desapercibida para os participantes, nos que deixou instalada a idea de que o Concello non se implicara decididamente na súa promoción e, polo tanto, os veciños de Santiago non tiveran oportunidade de asistir por simple descoñecemento.
De la Fuente lamenta que o goberno municipal non se implique e esforce máis co deporte, “bótase en falta unha implicación máis activa do Concello na promoción e a divulgación da actividade deportiva dos equipos da cidade a través de medios de comunicación e das redes sociais municipais”, o deporte “non parecen contar para o goberno do BNG”.
“A información sobre a actividade deportiva na cidade e a celebración de eventos deportivos ao través do Concello é parcial e incompleta, cando non directamente inexistente, incluso ás veces, errónea”, salientou o edil popular
A día de hoxe non é posible acceder a unha fonte de información fiable que permita coñecer a totalidade da actividade competitiva do deporte na cidade.
Se o BNG crera de verdade no deporte como ferramenta formativa en valores e a súa potencialidade como elemento transformador de hábitos de vida a modos de vida saudables, destinaría os medios e recursos necesarios para a elaboración dunha axenda universal, única, completa e accesible dixitalmente, e se implicaría decididamente na promoción, na difusión e na divulgación da importante actividade deportiva dos clubs da nosa cidade.
Xa transcorreron oito meses desde que o BNG goberna a cidade e en materia de deportes nada temos de novo respecto da anterior lexislatura, nin sequera son quen de sacar adiante os proxectos herdados: demórase indefinidamente o inicio das obras do pavillón de Vite, que a concelleira de Deportes se comprometera a comezar en xaneiro, nin sequera están en licitación as obras de Santa Isabel, co risco de perder os Fondos NextGeneration que os financian, e recoñecen que nada van facer co mantemento do campo de fútbol de San Lázaro.
Written by: Líder Redacción
axenda compostela deportes politica pp radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)