Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 octubre, 2024
• Nerea Barcia remarca que “a veciñanza leva case un ano queixándose de que na zona do colexio non se está limpar a maleza, polo que a rapazada se ve obrigada a usar a estrada ante imposibilidade de empregar as beirarrúas, co perigo que isto supón para a súa integridade”.
• “O BNG repite o seu “modus operandi”, que non é outro que o abandono do rural compostelán, polo que parece que os impostos que pagan estes veciños non deben ter o mesmo valor para os nacionalistas que os que abonan os do centro”, destacou.
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, denuncia o deplorable estado no que se atopa a parroquia de Roxos, onde o BNG leva xa moitos meses sen atender a limpeza da zona, o que afecta tanto a viarios públicos como a diferentes áreas polas que teñen que transitar nenos e nenas, e persoas maiores todos os días.
Barcia remarca que “a veciñanza leva case un ano queixándose de que a zona do colexio , na contorna da urbanización, non se está limpar a maleza, polo que a rapazada se ve obrigada a usar a estrada ante a imposibilidade de empregar as beirarrúas, co perigo que isto supón para a súa integridade e para a dos seus acompañantes, ademais de para a xente con mobilidade reducida”.
Así mesmo, explica a popular, “a fata dos traballos de roza só é un dos problemas desta parte da parroquia de Roxos, xa que só con pasar pola zona pódese ver como o lixo se acumula fóra dos contedores e, incluso, se observan ratas deambulando pola zona”.
Nerea Barcia lembrou que “o partido Popular xa estivo neste lugar hai un ano, denunciando unha situación que, a todas luces, era mellor da que se pode ver agora, posto que a falta de actuacións, por parte dos nacionalistas, o que provocou foi empeorar a situación, polo que o que ao que antes poderíamos chamarlle inconvinte, agora é un perigo”.
“Así mesmo, remarcou a edil popular, isto deixa unha imaxe deplorable, tanto para os veciños e veciñas que alí viven, como para a xente que se achega ata zona provinte doutros sitios de Galicia xa que, nas inmediacións, existen instalacións deportivas que reciben xente todas as fins de semana”.
Barcia subliña que “o BNG repite o seu “modus operandi”, que non é outro que o abandono do rural compostelán, polo que parece que os impostos que pagan estes veciños non deben ter o mesmo valor para os nacionalistas que os que abonan os do centro da cidade, e a veciñanza non entende por que esa zona non se limpa e cada vez está peor”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)