Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 mayo, 2025
• Para José Ramón De la Fuente, “non é de recibo que as rúas Xoán XXIII e Costa Nova de Abaixo se teñan convertido nun punto coñecido e constatado de venda de drogas e, incluso, nun lugar habitual de conflitos coa propia veciñanza, mentres o goberno local se cruza de brazos e non fai nada”.
• De la Fuente remarcou que “a pesar do grave problema de delincuencia vinculada ao tráfico de drogas que denunciamos en múltiples ocasións e mesmo levamos ao Pleno para a súa discusión, os nacionalistas seguen negando existencia de problemas”.
O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro, José Ramón de la Fuente, vén de denunciar actos de vandalismo na dársena e aparcamento de Xoán XXIII onde, hai uns días, apareceu derrubado un muro que presuntamente empregaban, para agochar droga, persoas vinculadas á venda de sustancias ilícitas nesta zona, situada a escasos metros da Catedral de Santiago.
“Na dársena de Xoán XXIII, -subliñou De la Fuente- téñense producido, en múltiples ocasións, altercados entre persoas dedicadas ao trapicheo de drogas e os veciños, que levan tempo sufrindo as consecuencias do comportamento incívico dalgúns individuos, reclaman que se actúe, de forma contundente, co fin de atallar o problema”.
Para o edil popular, “non é de recibo que as rúas Xoán XXIII e Costa Nova de Abaixo se teñan convertido nun punto coñecido e constatado de venda de drogas e, incluso, nun lugar habitual de conflitos coa propia veciñanza, mentres o goberno local se cruza de brazos e non fai nada”.
“Non é a primeira vez que se producen agresións e danos a bens públicos-remarcou-, os propios aseos da dársena estiveron meses fóra de servizo polos desperfectos causados por persoas consumidoras que habitan e transitan habitualmente por esa zona, sen que o goberno municipal se tome en serio a gravidade da situación”.
De la Fuente remarcou que “a pesar do grave problema de delincuencia vinculada ao tráfico de drogas que denunciamos en múltiples ocasións e mesmo levamos ao Pleno para a súa discusión, os nacionalistas seguen negando existencia de problemas”.
O popular explicou que a situación que se está a rexistrar nesta zona da capital de Galicia está avalada por datos oficiais e públicos do Ministerio de Interior, non deixan lugar a dúbidas, nin interpretacións, posto que, claramente, din que a criminalidade vencellada ao tráfico de drogas crece exponencialmente na cidade, “xa somos a cidade de Galicia coa ratio máis alta de delitos por habitante, -subliñou De la Fuente-, é dicir, a máis insegura da Comunidade autónoma e padecemos o número de delitos máis altos dos últimos anos, 5.056 delitos só no ano 2024”.
“Sabemos- indicou- que non hai fórmulas máxicas para afrontar este grave problema, pero se se nega a súa existencia, como fai o goberno local, non se atallará a espiral na que esta inmersa a cidade; nin o incremento de criminalidade que sufrimos agora mesmo”.
De la Fuente lembrou que, “dende o Partido Popular de Santiago, puxemos solucións enriba da mesa, como: o incremento de efectivos; poñer en funcionamento as cámaras de vixilancia e, mesmo, incrementar o seu número alí onde sexa máis necesario; e mellorar a iluminación da cidade, que sufriu unha redución evidente cos cambios de luminarias que esta facendo o goberno local”.
“Ningunha desas medidas parecen valerlle ao BNG -concluíu o popular-, que se nega a poñelas en práctica, pero o certo é que tampouco presenta alternativas, parece que apostou todo á sorte ou en que o problema se resolva só por si mesmo, obviando que tal parálise e falta de interese en afrontar a situación, non fai máis que agravala”.
Finalmente, o concelleiro popular solicitoulle ao BNG que “aparque os seus prexuízos ideolóxicos, deixe de negar a evidencia e que afronte con decisión, firmeza e valentía, e sen condicionantes partidistas a busca dun remedio para un problema que, neste mandato está descontrolado pola inacción e desidia do goberno local”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)