Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 enero, 2025
● Os populares recordan que Ana Pontón “compartiu pancarta con quen, logo de estar sete anos de cárcere tras abusar dunha nena de 4 anos, foi integrante como titular da candidatura do seu partido ao concello ourensán de Coles nas eleccións municipais
● Argumentan que os vínculos políticos desta persoa esténdense tamén ao PSOE na provincia de Ourense e por iso apelan tamén á responsabilidade de Xosé Ramón Gómez Besteiro para que dea explicacións sobre “esta situación o suficientemente grave como para ser investigada”
26 de xaneiro de 2025. O Partido Popular de Galicia esixe explicacións ao BNG por ter incluído como titular nas súas listas ás eleccións municipais a un condenado por abusos sexuais a unha menor e insta a Ana Pontón a investigar cal é o grao de participación actual desta persoa no seu partido.
A secretaria xeral Paula Prado recorda que recentemente se puido ver á líder do independentismo galego “compartindo pancarta” con quen, logo de estar sete anos no cárcere tras unha condena xudicial por abusar dunha nena de 4 anos, foi integrante da candidatura do BNG ao concello ourensán de Coles nos comicios do pasado 28 de maio.
Tal e como publicaron os medios de comunicación, os vínculos políticos desta persoa esténdense tamén ao entorno do PSOE e de Podemos/Sumar na provincia de Ourense e de aí que apelen tamén á responsabilidade de Xosé Ramón Gómez Besteiro á hora de dar explicacións sobre “esta situación o suficientemente grave como para ser investigada”.
“A oposición é moito de investigar todo o relativo a outros partidos, pero en cambio cústalles moito cando se trata do seu”, conclúe Paula Prado incidindo na súa demanda de explicacións e poñendo o foco en que esta persoa actualmente “está traballando con persoas con discapacidade e con menores de idade”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)