Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 abril, 2025
Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, continúa coa emisión do programa educativo «Fala que Fala», unha iniciativa que leva a radio en directo aos centros de ensino para fomentar o uso do galego entre o alumnado de 1º e 2º da ESO.
Este mércores será a quenda do IES Manuel García Barros da Estrada, onde o programa emitirase en directo de 10.00 a 12.00 horas. O espazo contará con dous convidados especiais: Valentín García, secretario xeral da Lingua, e Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada. Este último foi elixido polo propio alumnado do centro para ser o protagonista da entrevista principal, nun exercicio de participación activa que reforza o obxectivo do programa: dar voz aos mozos e mozas e animalos a expresarse en galego nun entorno lúdico e creativo.
«Fala que Fala» busca tamén poñer en valor o traballo realizado polos departamentos de lingua galega nos centros educativos, ao tempo que achega aos estudantes a figuras destacadas da súa contorna, reforzando así a conexión coa súa realidade máis próxima.
A iniciativa proseguirá nas vindeiras semanas por outros centros de Galicia (IES Ordes, CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro e IES Faro das Lúas), culminando cun acto final no mes de xuño, no que se recoñecerá a implicación de todo o alumnado participante.
Escrito por Líder Redacción
fala que fala Fala que fala radio lider gonzalo louzao IES Manuel García Barros secretaría xeral da lingua Valentín García
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)