AD

Actualidad

PSOE acusa ao goberno de Sanmartín de «bloquear» solucións para reforzar Bombeiros e Policía

today3 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025.- O Grupo Municipal Socialista volveu reclamar hoxe unha intervención inmediata para reforzar os cadros de Bombeiros e Policía Local, alertando de que o executivo de Goretti Sanmartín continúa ignorando demandas laborais pendentes e evitando aplicar solucións que xa están ao seu alcance.

A concelleira socialista Marta Abal acusou ao goberno municipal de “bloquear deliberadamente” a saída a esta crise, malia —subliñou— que existen vías legais, técnicas e operativas plenamente viables. “O Concello de Santiago só precisa ter vontade política, porque legalmente é posible”, afirmou.

Desde o PSdeG lamentaron que se estean desaproveitando oportunidades evidentes, como as 12 prazas que quedarán vacantes co traspaso da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) ao Sergas, e que poderían empregarse de inmediato para reforzar os servizos esenciais.

Tamén lembraron que continúan sen activarse as convocatorias xa aprobadas, e denunciaron que, despois de máis dun ano, “non consta ningún avance nin a publicación das prazas”. O grupo socialista puxo como exemplo outros concellos, como Ferrol, que xa están a aplicar solucións que Santiago podería replicar sen atrancos.

Abal e o portavoz Gumersindo Guinarte insistiron en que as reclamacións de bombeiros e policías contan con respaldo xurídico: “Hai xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza que avala as nosas propostas, e hai solucións intermedias aplicadas noutros municipios, como o complemento específico singularizado”.

Acusaron ao executivo local de ignorar mecanismos dispoñibles para mellorar as condicións laborais e reforzar os equipos. “Que deixen de mirar para outro lado e que a alcaldesa asuma a dirección desta negociación”, reclamaron.

O PSdeG advertiu ademais de que a falta de persoal incumpre mínimos recollidos na normativa municipal: “O plan municipal de emerxencias establece que debe haber un mínimo de doce bombeiros; agora mesmo nin sequera se chega a cubrir catro por quenda”. Por iso insistiron en que o Concello non pode permitirse perder nin unha soa praza.

Os socialistas concluíron que o bloqueo non responde a motivos técnicos, xurídicos nin económicos, senón estritamente políticos: “As solucións existen, só hai que aplicalas”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *