AD

Actualidad

O PSdeG critica a pasividade de Goretti Sanmartín ante o abandono da limpeza no casco histórico

today14 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

Gumersindo Guinarte advertiu de que o goberno de Goretti Sanmartín está permitindo que o casco histórico dea unha imaxe de abandono, con problemas graves de limpeza e sen avances nas medidas de mobilidade comprometidas, situación que, segundo o PSdeG, demostra a falta de xestión do actual goberno municipal.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2025. As e os socialistas de Compostela mantiveron onte unha reunión con representantes da Asociación Fonseca para coñecer de primeira man as súas inquedanzas sobre o estado do casco histórico da cidade.

Segundo traslada Gumersindo Guinarte, voceiro do grupo municipal socialista, na xuntanza a asociación trasladou a súa preocupación pola situación “lamentable” da limpeza viaria e da recollida de lixo. “As rúas presentan un estado de suciedade lamentable, os contedores están ateigados, hai lixo cotidianamente fóra dos contedores, os cheiros, pois, xa non son unha excepción. Os malos cheiros é algo habitual.”, indicou Guinarte.

O voceiro explicou que dende o grupo municipal socialista levan tempo advertindo desta situación e “reclamando unha fiscalización rigorosa do contrato” de limpeza co obxectivo de “garantir os medios humanos e materiais necesarios para que a limpeza se poida levar a cabo axeitadamente”, aínda que, segundo critica Guinarte, “o goberno municipal segue sen actuar”.

Guinarte insistiu en que “non se pode permitir que a nosa cidade este dando esta imaxe de abandono” e subliñou que o PSdeG ten clara a súa prioridade “Santiago merece un goberno que dea solucións e non desculpas, por iso seguiremos defendendo uns servizos públicos de calidade e loitando por unha cidade limpa, ordenada e digna”, concluíu.

As e os socialistas explicaron que na xuntanza tamén se puxeron enriba da mesa as dificultades de mobilidade e a falta de prazas para os residentes do casco histórico. Dende a organización socialista indican que é urxente municipalizar o aparcadoiro da Praza de Galicia e reorganizar as prazas da Avenida de Xoán XXIII, propostas que xa levaron a pleno dende o grupo municipal e que o goberno local prometeu estudar pero que, segundo expoñen, a día de hoxe seguen paralizadas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *