AD

Actualidad

O PSdeG denuncia a «situación lamentable» das rúas das Fontiñas

today5 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2026. O Grupo Municipal Socialista advertiu do grave estado no que se atopan numerosas rúas do barrio das Fontiñas como consecuencia da falta de planificación no mantemento viario por parte do goberno da señora Sanmartín nos últimos anos.

Segundo explicou a concelleira socialista Marta Abal, “a falta de planificación no mantemento dos pavimentos do termo municipal está a provocar a situación que estamos a vivir: rúas completamente destrozadas e fochancas por todos os lados”. Abal subliñou que esta problemática é “especialmente grave no barrio das Fontiñas, onde as estradas presentan un deterioro moi acusado, afectando á seguridade e á vida diaria das veciñas e veciños”.

A edil socialista insistiu en que non se trata de incidencias illadas, senón dun problema estrutural, “non estamos ante un problema puntual. Estamos ante o resultado da falta de mantemento durante os dous últimos anos”. Nese sentido, lembrou que o deterioro dos firmes non só xera incomodidades, senón que supón tamén un risco para a circulación e para a mobilidade peonil.

Desde o grupo municipal socialista reclaman actuacións concretas e planificadas, “esiximos ao goberno municipal que realice unha diagnose profunda do estado de cada unha das vías do barrio das Fontiñas e que execute durante o ano 2026 os investimentos necesarios para reparar definitivamente o estado dos firmes”, indicou Abal.

A concelleira socialista indicou que a situación non responde á falta de recursos, senón á ausencia de planificación por parte do executivo local. Neste sentido, lembrou que “o goberno bipartito de CA e BNG ten as ferramentas necesarias: conta con contratos de mantemento e tamén con crédito para acometer obras de rehabilitación de firmes asfálticos”, polo que, ao seu xuízo, “o único que falta é planificación e xestión”.

Para os socialistas, a situación actual é inaceptable e require unha resposta inmediata, “porque o barrio das Fontiñas non merece ter as súas vías nun estado lamentable”, concluíu Marta Abal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *