Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 enero, 2025
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2025. Este venres celebrouse unha xuntanza da Comisión Executiva Municipal de Santiago na que se aprobou por unanimidade o nomeamento do concelleiro Gumersindo Guinarte Cabada como novo voceiro socialista no Concello de Santiago.
O nomeamento foi adoptado pola dirección local do Partido no marco das competencias que ten atribuídas polo Regulamento Federal Desenvolvemento dos Estatutos Federais do PSOE, especificamente no artigo 234.4, no que se establece que “La Comisión Ejecutiva Municipal nombrará al/la Portavoz del Grupo municipal”.
Esta decisión será comunicada no presente día ás e aos membros do Grupo Municipal Socialista para que procedan á formalización do citado nomeamento ante as instancias competentes do Concello de Santiago tras os trámites preceptivos que correspondan.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)