AD

Actualidad

O PSOE de Santiago alerta sobre os problemas de mobilidade no centro da cidade

today22 agosto, 2025

Fondo
share close
AD

 

A situación agrávase cando os aparcadoiros de Praza de Galicia e San Clemente acadan a súa capacidade máxima

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Santiago denuncia as crecentes dificultades de mobilidade que están a sufrir a veciñanza e as persoas visitantes debido á conxestión do tráfico urbano durante esta temporada estival.

A elevada afluencia de vehículos nas rúas do centro de Santiago está a ocasionar colapsos de tráfico de forma habitual, tornando nun grave trastorno para o desenvolvemento da vida normal da cidadanía. As vías de acceso á Praza de Galicia, á devandita praza e á contorna do Campo da Estrela atópanse entre os puntos máis afectados.

A situación agrávase cando os aparcadoiros de Praza de Galicia, San Clemente ou Belvís acadan a súa capacidade máxima. Os intentos dos condutores por acceder a estes espazos orixinan longas filas de vehículos, que bloquean a circulación e comprometen a seguridade viaria. Son frecuentes as dificultades dos autobuses para manobrar, realizar as paradas e as dos viandantes para cruzar as rúas por pasos de peóns obstaculizados polos vehículos.

O Grupo Municipal Socialista urxe ao goberno local a adoptar medidas inmediatas para paliar esta situación que se repite a diario: reforzando a presenza da policía local nas zonas máis conflitivas para ordenar o tráfico; a mellora da información pública sobre o estado do tráfico e a ocupación dos aparcadoiros e a promoción de alternativas de mobilidade e estacionamento nestes períodos de alta afluencia.

Unha cidade como Santiago, que aspira a ser referente en sustentabilidade non pode permitir unha mobilidade deficiente que aumente a contaminación, o ruído e a inseguridade viaria.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *