Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 diciembre, 2025
A concelleira socialista Marta Abal defende a necesidade de dar saída aos expedientes pendentes para garantir seguridade xurídica e económica ás empresas que traballan co Concello.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista apoiou no Pleno municipal extraordinario celebrado este luns a aprobación dos recoñecementos extraxudiciais de crédito que permiten facer efectivo o pagamento a 93 pequenos provedores do Concello de Santiago por servizos xa realizados, por un importe superior aos 366.000 euros.
A concelleira socialista Marta Abal defendeu o voto favorable do seu grupo apelando á responsabilidade política e á necesidade de non prexudicar nin ás empresas nin ás familias que traballan co Concello. “Como xa viñemos dicindo durante todos estes meses, non se pode dar unha bofetada ao goberno na cara das proveedoras e provedores do Concello de Santiago de Compostela”, afirmou.
Desde o Grupo Municipal Socialista subliñan que esta postura responde á coherencia mantida desde o inicio do mandato encabezado por Goretti Sanmartín e á vontade de evitar que a falta de acordos políticos siga tendo consecuencias económicas negativas para autónomos e pequenas empresas.
“Hoxe o Grupo Municipal Socialista, en coherencia co que vén facendo desde principios de mandato, votou a favor dos recoñecementos extraxudiciais de crédito que se someteron á consideración do Pleno”, explicou Abal.
Os socialistas amosaron tamén a súa discrepancia coa actitude do resto da oposición, cualificando de inxustificado o seu posicionamento. “Non se entende o voto obstrucionista do resto da oposición, un voto que prexudica única e exclusivamente ás proveedoras e provedores do Concello e ao conxunto da cidadanía de Santiago”, concluíu a concelleira.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)