AD

Actualidad

O PSOE márcase como obxectivo “mellorar, no que se poida» a proposta de ordenanza das VUT

today4 junio, 2024

Fondo
share close
AD

Avanza unha “actitude propositiva” dos socialistas que procurarán “mellorar no que se poida a proposta”

Acusa á alcaldesa de facer “xustamente o contrario do que prometeu” despois de “alentar o ambiente de crispación que había arredor da regulación das VUTs e aproveitarse electoralmente de isto”

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024.- O Grupo Socialista acusou a Sanmartín de “non só incumprir as súas promesas electorais” senón de “facer xustamente o contrario do que prometeu” logo de que o goberno local anunciase que a ordenanza que prome a regular os usos preexistentes das vivendas de uso turístico se limita só a desenvolver a posibilidade de destinar calquera vivenda de alugueiro convencional ao alugueiro turístico durante dous meses ao ano.

Mercedes Rosón criticou que esta ordenanza chegue “tarde”, “con 12 meses de retraso”. Unha dilación que, explica, “non sabemos se responde dúbidas técnicas, polo temor á reacción dos colectivos implicados ou polas diferentes sensibilidades entre as dúas partes do goberno”. Neste sentido, Rosón criticou a “forma desleal” coa que actuou Sanmartín en esta cuestión lembrando que, cando se someteu a votación plenaria a modificación do PXOM que permitía regular os usos turísticos, o BNG “púxose de perfil” optando pola abstención.

“Prometeu unha cousa e a contraria”

A edil socialista amosouse moi crítica coa posición que o BNG man vo no seu tempo de oposición, “alentando o ambiente de crispación que había arredor de este tema e aproveitándose electoralmente de isto”. Unha situación que “agora vólveselle en contra” precisamente, denuncia Rosón, porque “prometeu ás diferentes partes implicadas unha cousa e a contraria”. Retirese a socialista á amnis a da que Sanmartín chegou a falar durante a campaña electoral, permitindo que aquelas VUT sen habilitación municipal que es vesen operando ata o momento da modificación do PXOM, puidesen regularizar a súa situación agora con esta nova ordenanza.

“Prometeu por enriba das súas posibilidades e creando falsas expecta vas que hoxe vénse truncadas”, recalca a que fóra responsable de Urbanismo durante o mandato de Sánchez Bugallo que lembra o “coste electoral” que tivo unha medida “pioneira” para regular as vivendas turís cas “toda vez que entendemos que se trataba dunha actividade económica que debía regularse”.

Mellorar, no que se poida, a proposta de ordenanza

Os socialistas márcanse como obxectivo “mellorar, no que se poida, a proposta de ordenanza” á espera de recibir os informes que sustentan o actual borrador. En todo caso, insisten en denunciar que a actual situación é froito da “ambigüidade” da alcaldesa e do “trilerismo” da Xunta de Galicia.

Neste sentido, Mercedes Rosón dirixe tamén as súas críticas á administración autonómica por ter inscrito no rexistro de Turismo de Galicia vivendas turísticas que non contaban coa preceptiva habilitación municipal “tal e como recolle o seu propio decreto”. Así, Rosón reclama a estas alturas do debate que “cada quen sexa consecuente co que dixo e fixo”, ao tempo que avanza esa mesma postura por parte dos socialistas: “procuraremos ser proposi vos”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%