Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 octubre, 2025
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2025.- Durmir é para covardes. Unha sátira e declaración de intencións desenfadada, unha canción para insomnes creadas co desvaríos que trae o desvelo, é a proposta coa que se presenta o novo proxecto de rap galego Saibran. A súa carta de presentación xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais.
Saibran é o novo proxecto musical -e persoal- de Cibrán García, o rapeiro santiagués, tamén coñecido por ser o 50% de Boyanka Kostova. A proposta agroma da creatividade inxente do artista, da súa necesidade de experimentar e de colaborar con outros nomes da escena. Unha voz sen ataduras que se nos amosa tan introspectiva como reivindicativa e que, nesta andaina, acompáñase doutras dous figuras chave: Julián Goicoa, baixista, e Fiz García, batería.
O seu primeiro sinxelo, Durmir é para covardes, expón e retrata, dalgún xeito, as liñas principais do proxecto. Humor, diversión e experimentación son os piares dun tema no que a realidade trasnoitada se mestura deliberada -e consecuentemente- cos delirios que nacen nos desvelos. Un sinxelo que engloba a alma de Saibran, tanto a nivel sonoro como letrístico.
Este é o primeiro avance dun traballo que verá a luz, da man do selo galego Tremendo Audiovisual, antes do Nadal, e que contará coa colaboración de nomes como Juait, crnds e Møu. A estrea de Saibran ao vivo chegará no mes de decembro para sorprender ao público cun directo dinámico, con instrumentación de baixo e batería, que irá do máis orgánico e analóxico á electrónica máis pura.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)