AD

Actualidad

O Santiaguiño de Padrón recupera ‘Asnot’, o festival máis orixinal de Galicia

today23 julio, 2024

Fondo
share close
AD

Co bo sabor de boca deixado pola exitosa Feira Medieval, Padrón xa está inmerso nas celebracións do Santiaguiño, unha das súas festas máis tradicionais, que se estenden por dez días de música, espectáculos para todos os públicos e unha nova edición do torneo de freestyle. Chus Campos, concelleira de Festas e Turismo de Padrón, visitaba este martes os estudos de Radio Líder Santiago para falar sobre a programación e as novidades deste ano.

As festas do Santiaguiño 2024, que comezaron o pasado xoves 18 de xullo e se prolongarán ata o sábado 27 de xullo, destacan este ano pola súa variada oferta e pola inclusión de eventos para todos os públicos. Entre as principais atraccións destacan os concertos de Dios ke te crew e Fillas de Cassandra, que subiron ao escenario con forza, dando protagonismo ás voces femininas e recuperando tamén o irreverente Festival Asnot, que regresa este mércores tras o parón do ano pasado.

O Festival Asnot é unha parodia do prestixioso Ascot británico recreando o ambiente da famosa carreira de cabalos inglesa cada 24 de xullo. Esta xornada converte o zona histórica nun escenario teatral cheo de sombreiros de copa e pamelas excéntricas, cheas de glamour.

Este ano, Asnot reafirma o seu compromiso coa promoción dun dos seus elementos principais: o sombreiro. Xa comezaron unha serie de actividades previas ao festival, co obxectivo de promocionar o oficio da sombreirería e fomentar o uso diario do sombreiro. Entre estas actividades atópanse as Xornadas de Sombreirería na Casa Rosalía, que conclúen hoxe. Esta xornada completarase coa actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro no Paseo do Espolón ás 18:00 horas, e unha nova edición de Inchadiña Branca Vela, unha iniciativa da Fundación Rosalía de Castro que enche o Ulla e o Sar de embarcacións tradicionais nunha travesía desde a praia fluvial de Vilarello, en Valga, ata o Paseo do Espolón.

Chus Campos e Álvaro Veiga nos estudios de Radio Líder Santiago

A banda de música de Padrón animará a celebración, acompañada pola artista local Ana Fernández, que tocará a pandeireta. Pola tarde, a raíña de Asnot sairá ao balcón da Praza de Baltar para entregar, por primeira vez, os títulos de Lady and Lord Hatland, recoñecendo a súa dedicación ao festival dende os seus inicios. Na Praza de Macías haberá unha homenaxe ao artista británico Elton John, entre outros concertos e actividades para todos os públicos, que capturan a esencia do festival. Ademais, levarase a cabo a primeira entrega de premios á orixinalidade na creación de sombreiros, o Chapeu Contest.

A romaría do Santiaguiño do Monte será a protagonista indiscutible do día grande da festa, o xoves 25 de xullo. Como manda a tradición, haberá unha sardiñada gratuíta con reparto de pan de millo, cachelos e bolos preñados, e non faltarán os grupos de gaitas para animar a romaría. O’Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira, Xoldra e a Banda de Gaitas de Gondomar sucederanse ao longo da xornada para manter o ambiente festivo.

A concelleira lembrou que as persoas con problemas de mobilidade poderán subir e baixar ao monte de xeito gratuíto en autobuses de transporte adaptado que sairán do Campo do Souto cada media hora a partir das 11:30 da mañá (cun parón ao mediodía entre as 15:00 e as 17:00 horas) e regresarán desde o Santiaguiño tamén cada media hora desde as 11:45 horas.

Para pechar as festas, o Concello aposta pola continuidade do festival Open Air con actuacións de recoñecidos DJ. Entre o venres 26 e o sábado 27 pasarán polo Paseo do Espolón Pablo Balseiro & Los Cascarillas, César Sánchez, DJ SET, D’Crooners Band, Gaínza e Héctor Llamazares.

Un participante no xogo das cucañas de A Ponte | Arquivo

Tras o remate das Festas do Santiaguiño, a concelleira lembra que no mes de agosto se celebrarán varias festividades en distintas localidades do municipio. Entre elas destacan a XLIV Festa do Pemento de Herbón e as Festas da Nosa Señora e San Roque de Iria Flavia e A Ponte. Esta última inclúe as tradicionais cucañas, unha práctica que se remonta polo menos a finais do século XIX. A edil anunciou que este ano o Concello colocará gradas para que os asistentes poidan gozar con maior comodidade da destreza dos participantes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%