AD

festas

34 Resultados / Página 1 de 4

Fondo
AD

Comarca

Arzúa convoca axudas para a celebración de festas parroquiais no municipio

Arzúa, 14 de agosto de 2026. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a celebración das festas parroquiais que ascenden a 18.900 euros. O importe de cada subvención será de 900 euros por anualidade e parroquia. Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello […]

today14 agosto, 2026

Comarca

Blas García: «Ames ten unhas festas sen ideoloxía, que dinamizan as nosas rúas e activan a economía»

Remata con grande éxito o programa «Ames en Festas 2026» despois de dez días de festexos no Milladoiro e Bertamiráns Ames, 10 de agosto de 2026 - O programa “Ames en Festas”, que encadea as festas da Madalena e da Peregrina formando un cartel conxunto de 10 días de festexos dos dous principais núcleos poboacionais do concello, Bertamiráns e Milladoiro, puxo fin á súa quinta edición este domingo coa celebración da derradeira xornada da Peregrina de Bertamiráns. Tódalas xornadas do […]

today10 agosto, 2026

Comarca

Ames inspecciona as 12 atraccións das Festas da Madalena do Milladoiro

O Concello encárgalle á empresa Enmacosa a inspección da montaxe e as probas de funcionamento das 12 atraccións da feira instaladas para a celebración das festas As atraccións instaladas para as festas da Peregrina deberán pasar unha inspección similar Ames, 31 de xullo de 2026 – Un equipo de técnicos de Enmacosa Consultoría Técnica inspecciona dende onte a montaxe e probas de funcionamento das 12 atraccións de feira instaladas na localidade de Milladoiro para a celebración das Festas da Madalena […]

today31 julio, 2026

Actualidad

O Santiaguiño medra con nove días de actividades, grandes concertos e o esperado Derbi Asnal

A concelleira de Festas e Turismo, Chus Campos, defende en Radio Líder Santiago unha programación máis ampla para dinamizar a vila, reivindica o equilibrio entre tradición e innovación e garante que o Derbi Asnal celebrarase con todas as garantías de benestar animal. Padrón quere facer do Santiaguiño do Monte unha celebración cada vez máis ampla, participativa e dinamizadora para a economía local. Así o asegurou a concelleira de Festas e Turismo, Chus Campos, durante unha entrevista en Radio Líder Santiago, […]

today16 julio, 2026

Comarca

“Verán en Ames 2026”, tres meses de festexos e actividades para todos os públicos

Ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades, entres as que destacan a programación de Ames en Festas, os Seráns de Ames, as Noites en Vela, o festival Ames Jazz, o Millarock, o acto do Día de Galicia, o festival ABANEA, a Festa do Chourizo ao Viño etc. Durante o verán tamén haberá un feixe de campamentos deportivos para os cativos e cativas de Ames. A oferta deportiva irá dende fútbol e baloncesto ata atletismo ou patinaxe Ames, 22 […]

today22 junio, 2026

Actualidad

Fontiñas celebra do 12 ao 14 de xuño unhas festas cheas de música, vermú e ambiente de barrio

O barrio compostelán de Fontiñas xa quenta motores para vivir unha intensa fin de semana festiva os días 12, 13 e 14 de xuño, cunha programación pensada para todos os públicos e marcada pola música en directo, as sesións vermú e as actividades ao aire libre. As festas arrancarán o venres 12 de xuño cunha sesión musical a cargo dos Muiñeiros do Sarela ás 18:00 horas. A noite continuará coa tradicional verbena, que contará coa actuación do Trío Alborada e […]

today28 mayo, 2026

Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

A concelleira Chus Campos reivindica o éxito da Pascua, adianta novidades do Santiaguiño como a actuación de Mondra e da Feira Medieval cun elevado número de postos, e destaca o crecemento turístico de Padrón: “Xa pasaron máis de 12.700 persoas pola oficina de turismo no que vai de ano” Padrón encara os próximos meses cun calendario cargado de actividade cultural, turística e festiva. Así o confirmou a concelleira de Festas e Turismo, Chus Campos, durante unha ampla entrevista na que […]

today27 mayo, 2026

Comarca

Chus Campos: «Non son fan da carreira de burros, pero é legal é non está financiada polo Concello»

O Santiaguiño do Monte, romaría máis emblemática de Padrón, combina tradición, música, actividades infantís e mesmo a recuperación da carreira de burros, cunha programación que promete converter a vila no epicentro festivo do verán galego. A vila de Padrón xa está en modo festa. Desde o 17 de xullo e ata o sábado 26, celébrase unha das súas citas máis esperadas: o Santiaguiño do Monte, unha romaría que mantén o seu carácter tradicional —coa subida ao monte, a misa e […]

today19 julio, 2025 2

Actualidad

“Ames en festas 2025” encadeará dez días seguidos de música e troula no Milladoiro e Bertamiráns

Os dous núcleos principais de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, volven a celebrar un ano máis as súas festas da Madalena e da Peregrina de xeito conxunto, nunha programación que encadea 10 días seguidos de troula dende o venres 1 ata o domingo 10 de agosto Haberá propostas musicais para todos os públicos e gustos, nos que actuarán as mellores orquestras da verbena galega pero tamén haberá oco para os artistas e grupos emerxentes ou o pop e rock, entre […]

today16 julio, 2025

AD