AD

Actualidad

O servizo do tren turístico de Santiago reanúdase este 15 de abril

today16 abril, 2025

Fondo
share close
AD

A frota de trens renóvase para cumprir coa normativa Euro VI en materia de emisións, proporcionando maior sustentabilidade ambiental ademais de optimizar a seguridade e a comidade pasaxeiras e pasaxeiros

Concidindo coa Semana Santa, que marca tradicionalmente o comezo da tempada alta turística, o martes 15 de abril reanúdanse as visitas á cidade no Tren turístico, un servizo municipal operado pola empresa Autocares Rias Baixas.

O Tren Turístico é unha actividade accesible para todas as idades que permite coñecer a historia e tradicións de Santiago de Compostela, cidade declarada Patrimonio da Humanidade e meta final do Camiño de Santiago, durante un percorrido de 45 minutos con saída na Praza do Obradoiro.

A reanudación do servizo do Tren turístico ven acompañada cunha serie de melloras que irán implantándose nos vindeiros meses, como a renovación da páxina web, con información detallada do servizo e a novidade de poder reservar e comprar o teu billete on-line, evitando colas e axilizando o acceso. Trátase dunha medida que axudará a mellorar a xestión de fluxos no Obradoiro.

Tamén se levará a cabo unha renovación da frota de trens para cumprir co normativa Euro VI en materia de emisións, proporcionando maior sustentabilidade ambiental ademais de optimizar a seguridade e o confort das persoas pasaxeiras.

E, ademais, os trens están adaptados a persoas con mobilidade reducida e en cadeira de rodas, garantindo a inclusión e accesibilidade de todas as persoas visitantes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *