Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 marzo, 2024
Entrevista a Paula Bruni, responsable da galería Besibé e artista plástica, en Radio Líder Santiago.
“Cheas de razón/s” é unha exposición que se inaugurará o 9 de marzo na galería Besibe en Santiago de Compostela para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Doce mulleres de diferentes disciplinas amosan a súa obra en rede /conectada /coordinada.
Deseñadoras de moda, taberneira, ourive, escultora, sombrereira, artista plástica, fotógrafa, monologuista, reposteira, comunicadora, … todas elas colaboran, en rede nesta exposición que
amosa a forza do traballo conxunto, o empoderamento das mulleres e a sua capacidade para artellar e organizarse sen liderazgos.
A contribución de cada unha delas é imprescindible para articular a exposición. As protagonistas son:
PAULA BRUNI. Galerista y artista plástica
RONI HERRÁN. Artista multidisciplinar
MISHA MILLINERY (Teresa Gómez) – Sombreirera
TUUINX SIXING. Diseñadora moda
TUUINX SIYI. Diseñadora de moda
ROSA FIGUEROA INSUA. Fotografa
SUSI GESTO. Orfebre (ourive Compostelá)
CRISTINA FUENTES. Xerente do restaurante Herbor Fervor.
ANTÍA COSTAS. Monologuista e actriz.
ANA PÉREZ. Comunicadora.
LIBRARÍA LILA Patricia Porto, libreira.
ANA CASTRO. Tasadora de arte y antiguedades e comisaria de exposicións.
MAREIRAS. Artista multidisciplinar
A mostra revela a forza motriz da creatividade compartida, a paixón polo traballo ben feito, a profesionalidade e o desexo de emprender e de contribuír á sociedade destas doce mulleres.
Ademais de expoñer o seu traballo, a mostra estará presidida por unha fotografía feita por alumnas da Escola Mestre Mateo que é unha reinterpretación dunha famosa pintura mural de Leonardo da Vinci.
Ac inauguración será este sábado, 9 de marzo ás 20:00 na rúa da Algalia de Arriba, 35.
Escrito por Líder Redacción
8M besibe compostela exposicion radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)