Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 abril, 2026
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026. A área de Santiago de Compostela regresa á casa con seis premios da XXX edición dos Premios de Teatro María Casares, celebrada onte no Teatro Rosalía Castro da Coruña. O Centro Dramático Galego e Morraoconto —con sede en Ames— confirmaron o seu papel como dous dos proxectos máis sólidos da temporada.
A serie clopen, produción do CDG que chegaba á gala con dez candidaturas, alzouse cos premios a Mellor Actriz Protagonista, para Natalia Pajarito, e Mellor Dirección de Movemento, para Marta Alonso Tejada. Pola súa banda, TROMSØ, de Morraoconto, logrou un dobrete nos apartados técnicos: Mellor Espazo Escénico —R. Martínez, M. Gendre, L. Pouso e J. Faro «Coti»— e Mellor Iluminación —José Faro «Coti»—.
A noite reservou ademais un recoñecemento para Xarope Tulú, compañía compostelá que coproduce xunto a Galeatro (Carballo) o espectáculo Berenguela na gaiola. A obra levou o premio á Mellor Adaptación/Tradución, con Paula Carballeira como gañadora, e o Mellor Espectáculo Infantil.
Premios acadados
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO: A SERIE CLOPEN (2)
Mellor actriz protagonista: Natalia Pajarito
Mellor dirección de movemento: Marta Alonso Tejada
MORRAOCONTO: TROMSØ (2)
Mellor espazo escénico: R. Martínez, M. Gendre, L. Pouso e J. Faro «Coti»
Mellor iluminación: José Faro «Coti»
GALEATRO E XAROPE TULÚ: BERENGUELA NA GAIOLA (2)
Mellor espectáculo infantil
Mellor adaptación/tradución: Paula Carballeira
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)