Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 septiembre, 2025
“BOS VOOS Integra Marabilla (Teatro Musical)” convida a gozar este sábado 20 de setembro en Narón do renovado musical Peter… Voamos, no que o equipo artístico estará acompañado dxs amigxs de O país das marabillas.
Máis dun cento de persoas adultas con discapacidades volven aos escenarios galegos para demostrar que son capaces de abraiar o público máis esixente coas representacións en directo destes dous musicais de seu que esta tempada melloran dende Santiago e Ortigueira.
Este sábado 20 de setembro, ás 20:00 horas, no Pazo da Cultura do concello de Narón, estrenarase a nova entrega do musical Peter… Voamos! Sobre o escenario máis de 50 actrices e actores con discapacidade intelectual da Asociación ASPAS de Santiago de Compostela darán vida á ambiciosa produción (de teatro, música e danza) co apoio previo e para a posta en escena en directo doutro medio cento de persoas voluntarias de Galicia (mocidade que cursou estudos musicais ou de danza e persoas profesionais destas áreas, coma músicxs da Orquestra Sinfónica de Galicia ou bailarinas da academia Balance). A función conta coa colaboración do concello de Narón e da asociación Chamorro -entidade solicitante- e co cofinanciamento da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A multitude de solicitudes de entradas para gozar deste espectáculo inclusivo garantizarán un chego total para gozar do renovado musical. Pero amais nesta ocasión o equipo de Peter… Voamos! estará animado, dende as bancadas, por 40 compañeiras e compañeiros do outro musical de “BOS VOOS Integra Marabilla (Teatro Musical)” (polas actrices, actores e en xeral pola “familia” de O país das marabillas, que se desprazarán dende a comarca de Ortegal ata Narón para gozar do musical e arroupalo. Fan así un descanso nos ensaios do seu propio musical que tamén van estrear renovado este remate de ano, neste caso o 29 de novembro, en sesión de tarde, no auditorio de Cedeira.
“BOS VOOS Integra Marabilla (Teatro Musical)” é unha iniciativa artística, sen ánimo de lucramento e solidaria que, polo momento, conta con dous musicais: Peter… Voamos! e O país das marabillas. Os dous son proxectos de teatro musical inclusivo, de produción propia, dirixidos polo multidisciplinar Quico Bouza. Estas dúas obras de teatro musical integran cada unha, medio cento de actores e atrices protagonistas non profesionais con algún tipo de discapacidade, e preto doutro medio cento, cada unha, de persoas voluntarias que colaboran solidariamente nos campos da produción, guión, iluminación, sonorización, música, baile, caracterización, vestiario ou estilismo… Durante todos os preparativos e tamén en directo nas postas en escena.
O equipo artístico e humano de Peter… Voamos! leva oito anos mellorando, medrando e sorprendendo da man de ASPAS (Santiago). Dende aquela xa colleitaron aplausos en escenarios diversos coa representación das anteriores versións do musical en Compostela, Bertamiráns, Pontevedra, Negreira, Rianxo ou Cangas… O país das marabillas conta cun par de anos experiencia de superación grazas a ASPROMOR (Ortegal). Tamén encandeu o público coas anteriores representacións do seu musical en distintos escenarios coma nos de Ortigueira e Cariño. Pero amais, nestes proxectos, as e os artistas con discapacidades melloran –entrouras- as súas competencias lingüísticas e de mobilidade, a súa autoestima e socialización, contribíuíndo a unha Galicia máis inclusiva, máis humana, máis imaxinativa, máis ilusionante e máis creativa.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)