Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 marzo, 2025
A Estrada converterase de novo nun punto de encontro para os amantes do acordeón coa celebración da cuarta edición do Festival de Acordeóns Música no Camiño, que terá lugar o sábado 29 de marzo no Teatro Principal. O evento ofrecerá dúas sesións, unha ás 17:30 horas e outra ás 20:30 horas, reunindo sobre o escenario a máis de 170 músicos e cantantes de coro.
O festival contará coa participación da prestixiosa Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao, unha formación de trinta músicos que ten actuado en cidades como París ou Nova York e que en outubro recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
Xunto a eles, subirán ao escenario a Banda de Acordeóns Metropolitana de Mos, composta por 45 músicos e un coro de 35 voces, cun repertorio innovador que aposta pola música moderna. Como anfitrión, actuará tamén o grupo estradense Os Lóstregos, formado por 45 músicos, acompañados das súas vocalistas habituais, Carlota e Marietta, e contando coa colaboración especial dun coro infantil de 18 alumnos do CEIP Plurilingüe de Oca, que levan un mes ensaiando para a ocasión.
A encargada de presentar o festival será a coñecida presentadora da TVG Rocío Rodríguez.
As entradas, cun prezo de 10 euros, poden adquirirse no departamento de Cultura do Concello, na Pastelería Mimela, no Mesón Gañetes e no local de Os Lóstregos (Gradín, 29). Tamén se poden pagar por Bizum (nos teléfonos 606 513 322 ou 699 502 930) e recoller na billeteira antes do espectáculo.
O cartel do festival foi presentado por Javier Expósito e Mari Carmen Barcala, presidente e vocal da Asociación Cultural de Acordeonistas Estradense, entidade organizadora do evento, que conta co apoio do Concello da Estrada, así como o patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra. No acto de presentación tamén estivo presente a edil de Cultura, Lucía Seoane.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)