Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 noviembre, 2025
O Club Triatlón Compostela fixo público nas súas redes sociais un comunicado dirixido aos catro partidos con representación no Concello de Santiago no que solicita a cesión dun local municipal que lle permita desenvolver a súa actividade deportiva en condicións dignas.
No escrito, asinado pola presidenta da entidade, o club lembra que leva anos pedindo sen éxito un espazo propio e asegura que é “o único Club deportivo da cidade con adestramentos de bicicleta que non dispón de local cedido polo Concello”. Esta situación afecta especialmente aos máis pequenos da Escola, que “non teñen alternativa nos días de vento e choiva e para adestrar a única opción é a zona das bancadas de San Lázaro”.
O Triatlón Compostela sinala que actualmente non existe normativa municipal que regule o acceso a locais de titularidade pública para entidades deportivas, algo que —afirman— “nos coloca de facto nunha situación discriminatoria e inxusta”. O club subliña que continúa en crecemento constante e conta con máis de 220 licenzas activas entre triatlón e atletismo, representando o nome da cidade por toda Galicia.
Por todo iso, a entidade solicita que se inclúa na orde do día do seguinte Pleno municipal a proposta de cesión dun dos locais libres nos baixos do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Engaden que non piden imposibles, senón un espazo básico e necesario para garantir adestramentos axeitados ao longo de todo o ano.
O comunicado conclúe co compromiso de destinar ese local “única e exclusivamente” ás actividades deportivas do club e a mantelo en bo estado de conservación.
Escrito por Líder Redacción
Club Triatlón Compostela Estadio Verónica Boquete Triatlon Compostela


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)